NOTICIAS
SEREA®
SEREA
descripcion
QUE E  SEREA
SOCIOS PROYECTO
AMBITO GEOGRAFICO
SEMINARIOS
DIRECTORIO
foro
formulario
Cursos
Jornadas
seminarios
NOTICIAS
ENLACES
restringida
MAPA
ver spot
ver spot
 

Os Grupos de Acción Costeira, reto de Pesca

inglaterrafranespitagal

diario de arousa


UNHA INICIATIVA PIONEIRA NA UE QUE BUSCA MELLORAR A COMPETITIVIDADE PESQUEIRA A Consellería destinará 40 millóns de euros á dinamización do litoral galego

Un dos principais retos asumidos pola conselleira de Pesca dende a súa chegada ó goberno autonómico foi a mellora das condicións sociais e de vida dos traballadores do mar. Para conseguilo, unha das ferramentas básica han de ser os Grupos de Acción Costeira, nos que están integrados e representados o sector pesqueiro, o económico, social e público. Desde a Consellería impulsouse a creación de sete Grupos, que cubren todo o litoral galego, e que teñen entre os seus obxectivos a dinamización das zonas pesqueira e a mellora da situación dos traballadores do mar, un reto para o que a Consellería dispón dun orzamento de 40 millóns de euros.

Neste segundo semestre de 2008 a Consellería de Pesca centrou boa parte dos seus esforzos na constitución dos Grupos de Acción Costeira, unha iniciativa enmarcada no Eixo Prioritario número 4 do Fondo Europeo de Pesca e que ten como obxectivo primordial acadar o desenvolvemento sustentable das zonas do litoral. A Consellería dispón de un orzamento de 40 millóns de euros para botar a andar esta iniciativa.

O obxectivo principal desta actuación é estimular a creación de novas fontes de ingresos sostibles para incrementar de xeito apreciable a calidade de vida nas comunidades e zonas pesqueiras. Para este fin, é indispensable proporcionar as ferramentas necesarias a aqueles axentes económicos e sociais que mellor comprenden os problemas e retos das comunidades pesqueiras co fin de adoptar as solucións ás súas demandas reais.

O traballo iniciado pola Consellería de Pesca permitirá que Galicia conte con sete Grupos de Acción Costeira, atendendo á distribución do litoral galego. Así, a Mariña lucense e Ortegal, o Golfo Ártabro, a Costa da Morte, o Seo de Fisterra-Muros e Noia, a Ría de Arousa, a Ría de Pontevedra e a Ría de Vigo-A Guarda, botaron xa a andar os GAC, nos que están representados os sectores pesqueiro, o social, o económico e o sector público, contando cunha mostra representativa de todos estes sectores, correspondendo o 50 por cento do peso nos órganos de Goberno ao sector pesqueiro.

Entre os requisitos que tiveron que cumprir os Grupos de Acción Costeira, cuia constitución rematou o pasado mes de outubro, está o Plan Estratéxico Zonal, que ofrece unha diagnose do sector, propostas de actuación e de execución.

Para poder levar adiante estes proxectos, deberá terse en conta a súa viabilidade técnica, o impacto económico, social e medioambiental sobre o territorio, o aproveitamento de recursos endóxenos, o carácter innovador e dinamizador das iniciativas, así como a capacidade de transferencia a outros territorios, a igualdade de oportunidades e a adecuación coa estratexia establecida polo grupo no Plan Estratéxico Zonal. En relación á proposta de execución do PEZ, deberá establecerse un plan financeiro, un cronograma de execución, os gastos de xestión necesarios e os sistemas de control e seguimento do Plan.

Finalmente, entre os elementos transversais do Plan Estratéxico Zonal, deberán establecerse os mecanismos para garantir a aplicación dos principio de igualdade de oportunidades; o enfoque innovador da estratexia e as actuacións previstas; un plan de información, publicidade e transferencia; e fixar o grao de sustentabilidade do proxecto e do GAC máis alá da xestión do programa.

As actuacións que se establezan dentro de cada Plan deberán buscar o fortalecemento da competitividade do sector pesqueiro, en especial a mellora da comercialización; a promoción económica coa creación de emprego e oportunidades económicas; a mellora do contorno natural e a calidade ambiental; e a promoción da cohesión social. Ademais de todo, deberá fomentarse a sociedade da información e as novas tecnoloxías, a igualdade de oportunidades, a cooperación e a participación.

SEREA®
<p>Su navegador no soporta javascript, por favor habil&iacute;telo <a href="../Templates/inicio.htm">data.</a>


NOTICIAS

Os Grupos de Acción Costeira, reto de Pesca

Pesca implantará terminales TIC para actualizar los puertos de Cambados y A Illa

Caixanova impulsa la modernización de la pesca y el marisqueo

Pescanatur lanza un concurso de fotografía sobre a cultura do mar e a pesca nas rías

La isla de La Gomera tendrá una reserva marina de interés pesquero y científico

Pesca explica polo miúdo ao sector as novidades da convocatoria para proxectos colectivos de xestión pesqueira

La CE estudia dar 30.000 euros por barco en ayudas de ´mínimis´

Medio Ambiente premia dos trabajos de investigación para proteger el mar

Abogaron pola inclusión da gastronomía no turismo mariñeiro en Galicia

El marisco intenta reinventarse para captar más turistas

El Grupo de Acción Costeira de Arousa impulsará la creación de una marca propia

Pesca apoia un proxecto de capacitación en habilidades sociais no que participan as confrarías da Guarda, Baiona e Bueu

Presentan la Ruta Marítima do Salnés como atractivo turístico todo el año

A Rede de Municipios Pesqueros do País Vasco visita Galicia para coñecer as accións de diversificación da pesca que se levan a cabo na nosa comunidade

Marisco gallego a golpe de clic

"Escarabajo verde " documental de TVE sobre Lira recibe un premio

Coral Ruiz Vázquez: ´Los marineros gallegos respetan bastante las normativas de pesca´

El precio del pescado sube hasta un 944% desde la lonja a la plaza

La CE propone implantar un carné por puntos para la flota pesquera

Apuesta por el reciclaje marino

Galicia cuenta con siete proyectos para crear áreas marinas protegidas

Las cofradías de Celeiro y O Vicedo se unen para crear una reserva marina

La Cofradía de Lira da a conocer los productos de la reserva marina en la feria de Bremen

Las cofradías revisarán a finales de mes los topes de capturas y los días de trabajo en el libre marisqueo

Pescadores españoles piden apoyos para mejorar la concentración de la oferta

La nueva Lei de Pesca sustituye el permex por una licencia indefinida

As rutas de marisqueo de Carril gozarán dun maior nivel promocional en 2009

Los Veintisiete inician el debate sobre la reforma de la política pesquera

Comunidades de pescadores artesanais de Galicia e Sudamérica debaten o papel do sector na preservación do medio mariño

La directiva del GAC-4 se completa con el presidente del Náutico de Porto do Son y un miembro de Neria

Ampliado el plazo del fondo de apoyo a la diversificación del sector

Serea Stampa 08

A Consellería de Pesca solta 1350 alevíns de lumbrigante en Lira no marco do Plan de Repoboación de especies mariñas

La Cofradía participa en Cerdeña en un encuentro sobre pesca

Evaristo Lareo Viñas preside el Grupo de Acción Costeira

La CE publica una guía para que se aprovechen mejor los fondos de I+D+i

El Grupo de Acción Costeira de Arousa gestionará 4.000.000 de euros de los FEP

El Grupo de Acción Costera inicia la captación de sus socios

Pesca apoya un proyecto para la valorización de los subprodutos que genera la pesquera del percebe en Baiona, Bueu y A Guarda

España recibe 126 millones más del Fondo Europeo para la Pesca

Bélgica: Sugieren que Fondo Europeo financie proyectos pesqueros integrados en la gestión costera

El Grupo de Acción Costera gestionará ayudas europeas a la pesca por valor de 4 millones

La CE permite a los estados dar más ayudas sin notificarlas

Marineras en tierra

Investigadores catalanes estudian producir biodiesel a partir de algas de mar

Zarpa el barco que obtiene su energia de las olas del mar

Los pescadores investigan vías para ahorrar combustible

A Xunta aproba a modificación do Decreto polo que se crea a Reserva Mariña de Interese Pesqueiro Os Miñarzos de Lira

Expertos expondrán últimos avances en la producción de combustibles a partir de algas

El Gobierno pide una reunión con la CE por las ayudas a la flota

La UE aprueba las ayudas a la pesca por el incremento del gasóleo

Concurso de seleccion de grupos de accion costera

El equipo de trabajo del GAC Costa da Morte integra a 15 entidades

TODAS LAS NOTICIAS

Documento sin título

“ Los contenidos de esta página web reflejan el punto de vista de sus autores.
La Comisión Europea no se hace responsable del uso que se pueda realizar de ellos ”

  Copyright © 2009 SEREA ® Reservados todo los derechos
Dirección · Santiago - Spain