NOTICIAS
SEREA®
SEREA
descripcion
QUE E  SEREA
SOCIOS PROYECTO
AMBITO GEOGRAFICO
proyectos
observatorio
SEMINARIOS
DIRECTORIO
foro
formulario
Cursos
Jornadas
seminarios
NOTICIAS
ENLACES
restringida
MAPA

SEREA®

visitas tecnicas SEREA

VISITAS TÉCNICAS DO PROXECTO SEREA (Artigo 6 do Fondo Social Europeo)

O días 18 a 20 de xulio do 2007 recibiremos a visita de tres delegacións de pesca de baixura procedentes de Bretaña e Cerdeña e Letonia, que participan no proxecto SEREA.

Esta xuntanza de representantes de organizacións pesqueiras contribue ao achegamento entre rexións europeas, para fomentar a búsqueda de solucións comúns no sector da pesca de baixura e o marisqueo. Durante os días de visita, asistirán na confraría de Cedeira ao III Seminario do Proxecto “Buenas Prácticas para la pesca sostenible: reservas marinas de interés pesquero y comercialización ...”; visitarán a Confraría de Cambados e os seus parques marisqueiros guiados pola asociación Guimatur (www.guimatur.org); por último, se desplazarán á Confraría de Lira onde se coñecerán as diferentes iniciativas de diversificación emprendidas dentro do proxecto mardelira www.mardelira.net

SEREA é un proxecto cofinanciado polo Fondo Social Europeo que responde ás actuais problemáticas da pesca de baixura: a sobreexplotación, os elevados prezos do gasóleo, e o deterioro da imaxe social do sector están provocando un descenso de actividade  e do relevo xeracional.  Estos cambios teñen unha importante repercusión económica pero tamén social, xa que en moitas zonas da nosa costa a pesca e o marisqueo representa a principal fonte de ingresos, o principal motor de desenvolvemento.

Fronte a esta problemática, o Centro Tecnolóxico do Mar – Fundación CETMAR
e a Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos da Xunta de Galicia promoveron a asociación de un grupo de traballo para buscar sistemas que faciliten unha progresiva reestructuración do sector, fomentando a adaptación ás condicións actuais. Asimesmo, buscouse a participación de Entidades transnacionais con situacións similares neste sector. Así se plantexou un proxecto que busca facilitar a cultura do cambio dentro do sector da pesca de baixura e o marisqueo, fomentando o desenvolvemento sostible, e seguindo unha filosofía participativa.

Nestas sesións de traballo participan os equipos implicados no proxecto do CETMAR; da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos das tres Universidades Galegas – Universidade de Coruña, Universidade de Santiago de Compostela e Universidade de Vigo – do CEIDA - Centro de Extensión Universitaria y Divulgación Ambiental de Galicia – da Federación Galega de Confrarías de Pescadores, e das Confrarías de Cambados, Cedeira e Lira. Desprazaranse tamén os participantes transnacionais da Cooperativa de Audierne Port (Bretaña, Francia), e estará invitado como observador un delegado da Federación de Pescadores de Letonia.

Máis información: www.serea.org

 

inglaterrafranespitagal

SEREA®
Documento sin título

“ Los contenidos de esta página web reflejan el punto de vista de sus autores.
La Comisión Europea no se hace responsable del uso que se pueda realizar de ellos ”

  Copyright © 2009 SEREA ® Reservados todo los derechos
Dirección · Santiago - Spain