O PROXECTO SEREA NOS CURSOS DE VERÁN DA U.P.V.(Artigo 6 do Fondo Social Europeo)
O día 7 de xulio do 2007 no Palacio Miramar de San Sebastián tivo lugar unha presentación do proxecto SEREA como parte dos contidos do curso “Desarrollo Rural. Desarollo Litoral” organizado por ITSASMENDIKOI e a Universidade do Pais Vasco, no marco da XXVI edición de cursos de verán.
Asistiron representantes do sector pesqueiro no País Vasco, e persoas interesadas na temática. Mostraron particular interés na actividade dende a Confraría de Orio, así coma dende Itsasmendikoi, empresa pública adicada ao desenvolvemento rural e litoral en Euskadi.
SEREA é un proxecto cofinanciado polo Fondo Social Europeo a través do artigo nº 6, “Enfoques innovadores na Xestión do Cambio”. Trátase dunha “medida innovadora” no ámbito da Xestión da reestructuración enfocada ao sector pesqueiro de baixura e marisqueo.
O proxecto responde ás actuais problemáticas da pesca de baixura: a sobreexplotación, os elevados prezos do gasóleo, e o deterioro da imaxe social do sector están provocando un descenso de actividade e do relevo xeracional. Estos cambios teñen unha importante repercusión económica pero tamén social, xa que en moitas zonas da nosa costa a pesca e o marisqueo representa a principal fonte de ingresos, o principal motor de desenvolvemento.
Fronte a esta problemática, o Centro Tecnolóxico do Mar – Fundación CETMAR
e a Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos da Xunta de Galicia promoveron a asociación de un grupo de traballo para buscar sistemas que faciliten unha progresiva reestructuración do sector, fomentando a adaptación ás condicións actuais. Asimesmo, buscouse a participación de Entidades transnacionais con situacións similares neste sector.
Así se plantexou un proxecto que busca facilitar a cultura do cambiodentro do sector da pesca de baixura e o marisqueo, fomentando o desenvolvemento sostible, e seguindo unha filosofía participativa.