NOTICIAS
SEREA®
SEREA
descripcion
QUE E  SEREA
SOCIOS PROYECTO
AMBITO GEOGRAFICO
proyectos
observatorio
SEMINARIOS
DIRECTORIO
foro
formulario
Cursos
Jornadas
seminarios
NOTICIAS
ENLACES
restringida
MAPA
SEREA®

O Cetmar acolle un seminario do proxecto Serea denominado "Buscando solucións

O Centro Tecnolóxico do Mar (Fundación Cetmar), dependente da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, acollerá o vindeiro martes, día 24, o primeiro seminario do Proxecto “Serea” denominado “Buscando Solucións: Evolución do sector pesqueiro”. Este encontro está dirixido a organizacións, traballadores e empresarios do sector da pesca de baixura e o marisqueo con interese en desenvolver actividades complementarias á extracción pesqueira e outras actuacións de mellora no eido do desenvolvemento sostible.

(domingo 22 de abril de 2007)

XORNAL I A Coruña.- O Proxecto “Serea”, cofinanciado polo Fondo Social Europeo e promovido pola Consellería de Pesca, ten por obxectivo a busca de sistemas que faciliten a evolución do sector fomentando a adaptación ás condicións actuais e ao desenvolvemento sostible, para dar así resposta ás problemáticas existentes na pesca de baixura. Entre as primeiras actividades que se levan a cabo no marco deste proxecto, que deu comezo en novembro de 2006, atópanse unha serie de seminarios dirixidos ao sector pesqueiro artesanal e o marisqueo como este que se celebrará en Vigo.

O primeiro seminario, denominado “Buscando solucións: Evolución do Sector Pesqueiro” tratará sobre a participación da sociedade nos procesos de cambio. Nel abordaranse, entre outras cuestións, as modificacións levadas a cabo por organizacións pesqueiras, atendendo especialmente á súa xestión, así como obradoiros para a posta en común das impresións de todos os participantes.

Entre os asistentes a este primeiro seminario do Proxecto “Serea”, estarán os representantes das organizacións que participan no proxecto: a
Consellería de Pesca; as tres universidades galegas; o Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (Ceida); a Federación Galega de Confrarías de Pescadores e as confrarías de Cambados, Cedeira e Lira, e a Cooperativa de Audierne Port (Bretaña francesa). Ademais, estarán convidados como observadores dous delegados da Secretaría de Pesca de Letonia e da Federación de pescadores de Letonia.

Todos os representantes do sector da baixura e do marisqueo poderán asistir a esta actividade de forma gratuita, aínda que deberán inscribirse previamente, dado que o aforo é limitado.

PREPARACIÓN DO PRIMEIRO SEMINARIO.-
A
Consellería de Pesca, o Cetmar, o sector e todo o equipo de traballo do Proxecto “Serea” mantiveron unha xuntanza de seguimento e coordinación a finais do mes de febreiro no que abordaron a preparación deste seminario, dirixido a todas aquelas persoas e colectivos vencellados á pesca de baixura e ao marisqueo.

Durante esta reunión, que tivo lugar no Centro Tecnolóxico do Mar, tamén se revisou a actividade levada a cabo nos últimos meses ao amparo desta iniciativa. Entre as cuestións tratadas atópanse a posta en marcha dun observatorio para a xestión do cambio no sector pesqueiro tradicional; a organización da recollida de boas prácticas relacionadas coa pesca sostible, a innovación pesqueira e o turismo mariñeiro; así como a organización dunha serie de seminarios para a sensibilización e orientación ao cambio dos principais beneficiarios e partes interesadas no proxecto.

 
inglaterrafranespitagal

SEREA®
Documento sin título

“ Los contenidos de esta página web reflejan el punto de vista de sus autores.
La Comisión Europea no se hace responsable del uso que se pueda realizar de ellos ”

  Copyright © 2009 SEREA ® Reservados todo los derechos
Dirección · Santiago - Spain