NOTICIAS
SEREA®
SEREA
descripcion
QUE E  SEREA
SOCIOS PROYECTO
AMBITO GEOGRAFICO
proyectos
observatorio
SEMINARIOS
DIRECTORIO
foro
formulario
Cursos
Jornadas
seminarios
NOTICIAS
ENLACES
restringida
MAPA

Primeros certificado pesca de rias

inglaterrafranespitagal

 

Os primeiros produtos certificados pola marca de calidade "PescadeRías, de onde se non?" comezan a etiquetarse hoxe  .

As primeiras lonxas que comezaron a marcar os seus produtos con este selo son a de Baiona, Vilaboa, Portonovo e Campelo .

Ademais, inician a súa andaina como usuarios deste distintivo a empresa de distribución maiorista de peixes e mariscos, Mariscos Comesaña, e as depuradoras Mariscos Campelo e José María Daporta e Hijos.

A curto prazo iranse sumando a esta listaxe de primeiros certificadores autorizados máis lonxas, centros de depuración/expedición, cetarias e distribuidores de peixes e mariscos

 

Santiago de Compostela, 7 de marzo de 2008.- A partires de hoxe mesmo os consumidores poderán atopar os primeiros produtos da baixura e o marisqueo etiquetados coa marca de calidade “PescadeRías, de onde se non” que puxo en marcha a Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos. Así o tiñan anunciado o Presidente da Xunta de Galicia, Emilio Pérez Touriño, e a titular de Pesca, Carmen Gallego Calvar, durante a presentación oficial ao público deste distintivo, que tivo lugar na Praza de Abastos de Compostela o pasado día 12 de febreiro, e no que estiveron arroupados polo propio sector pesqueiro, así como o hostaleiro e comercializador.

Deste xeito, as primeiras lonxas auditadas e autorizadas para dar comezo á certificación dos seus produtos con “PescadeRías” son as de Baiona, Vilaboa, Portonovo e Campelo. A primeira delas etiquetará ourizo, robaliza, ameixa fina e percebe; e a segunda, ameixa fina, babosa, xaponesa e rubia, así como berberecho e carneiro. Portonovo certificará pescada, pescadilla, raia e abadexo; e a lonxa de Campelo, ameixa fina, babosa, bicuda e berberecho.

Así mesmo, tamén inician a súa andaina como usuarios da marca a empresa de distribución de peixes e mariscos Mariscos Comesaña de Nigrán, e as depuradoras Mariscos Campelo de Poio e José María Daporta e Hijos de Tragove (Cambados). As especies que poderán etiquetar son robaliza, percebe e ourizo; ameixa fina, babosa, xaponesa, rubia, berberecho e carneiro; así como ameixa fina, babosa, xaponesa, rubia, berberecho, carneiro, cornicha e zamburiña, respectivamente.

A curto prazo, e despois de acadar o visto bo dos auditores independentes que se encargan de observar e certificar que os posibles usuarios cumpren con todas as condicións que establece o regulamento da marca, iranse sumando máis entidades á listaxe de certificadores autorizados de “PescadeRías”.

Valor engadido para os produtos da baixura galega

A posta en marcha deste selo por parte do departamento que dirixe Carmen Gallego, que conta co respaldo do conxunto do sector pesqueiro e marisqueiro galego, comezou en maio do ano 2006. Un dos obxectivos desta iniciativa é darlle valor engadido aos produtos da baixura de Galicia, o que   axudará   á xente do mar a mellorar as súas rendas. Así mesmo, esta marca de calidade permitirá aos consumidores estar ben informados sobre o que levan á casa, axudando a evitar o fraude aos compradores.

Neste sentido, cabe sinalar que só poden ampararse baixo “PescadeRías, de onde se non?” aqueles recursos procedentes da pesca e o marisqueo frescos ou preparados, extraídos en augas da plataforma continental situada entre as liñas que marcan a desembocadura do río Miño e do Eo pola frota que sae e entra diariamente de porto, e que son capturados con artes selectivas. Os criterios que caracterizan a estes produtos son a orixe galega da pesca artesanal, un tempo de desembarco dende a súa captura non superior ás 24 horas e uns estándares de calidade.

Desta forma, un total de noventa e nove recursos procedentes da baixura galega teñen a posibilidade de acollerse á certificación “PescadeRías, de onde se non?”. Os grupos de especies amparados pola marca son: algas, moluscos, crustáceos, equinodermos e peixes, mentres que os usuarios dos recursos certificados polo distintivo son: lonxas, centros de depuración/expedición; cetarias e distribuidores de peixes e mariscos que teñan as súas instalacións ubicadas en territorio galego. Así mesmo, o regulamento contempla a posibilidade de certificación daquelas empresas que realicen en Galicia procesos de transformación de produto amparado por esta marca, aínda que neste suposto certificarase a cadea de custodia do produto que leva o selo.

Estas instalacións deben cumprir coas concesións, autorizacións, licenzas ou permisos que lles sexan de aplicación segundo as disposicións legais vixentes que regulan e afectan á súa actividade. Para isto, cada empresa debe ter identificados todos os requisitos legais aplicables ás súas instalacións e á súa actividade; dispor dos permisos e licenzas establecidos pola lexislación; e atender ás inspeccións e rexistros necesarios que aseguren o cumprimento dos requisitos legais e das normas específicas do regulamento da marca “PescadeRías, de onde se non?”.

Ademais, os usuarios do distintivo deben garantir o cumprimento da normativa hixiénico-sanitaria que se lles aplique, en especial aquela referida á adecuación das prácticas e comportamentos do persoal na manipulación dos produtos, das condicións ambientais de manipulación (temperatura, limpeza ou desinfección) e das instalacións e equipos empregados.

É de destacar que a posta en marcha de “PescadeRías” contou, en todo momento, coa colaboración do propio sector, que manifestou amplamente a súa aposta decidida por esta iniciativa. Nesta cooperación destacan as accións formativas realizadas nas propias confrarías de pescadores a cargo dos técnicos da Consellería de Pesca. A esta tarefa seguiu un proceso de formación nas lonxas que se ve agora complementada polas auditorías naqueles establecementos que, despois dos cursos de formación, están en disposición de certificar o produto.

SEREA®
Documento sin título

“ Los contenidos de esta página web reflejan el punto de vista de sus autores.
La Comisión Europea no se hace responsable del uso que se pueda realizar de ellos ”

  Copyright © 2009 SEREA ® Reservados todo los derechos
Dirección · Santiago - Spain