NOTICIAS
SEREA®
SEREA
descripcion
QUE E  SEREA
SOCIOS PROYECTO
AMBITO GEOGRAFICO
SEMINARIOS
DIRECTORIO
foro
formulario
Cursos
Jornadas
seminarios
NOTICIAS
ENLACES
restringida
MAPA
ver spot
ver spot
 

Pesca porá en marcha en breve os Grupos de Acción Costeira co obxectivo de acadar o desenvolvemento sustentable das zonas do litoral 

inglaterrafranespitagal

CONSELLERIA

▪ A Conselleira de Pesca e Asuntos Marítimos presentou esta iniciativa a representantes do sector pesqueiro, así como a axentes sociais, económicos e públicos das localidades costeiras

▪ Os Grupos de Acción Costeira enmárcanse no Eixo prioritario nº 4 do Fondo Europeo da Pesca (FEP) que busca o desenvolvemento sustentable e a diversificación económica das zonas da pesca

▪ Para esta actuación, a Consellería ten previsto un investimento inicial de 40 millóns de euros

Santiago de Compostela, 15 de xullo de 2008.- A Conselleira de Pesca e Asuntos Marítimos, Carmen Gallego Calvar, acompañada polo seu equipo directivo e polo director-xerente da Fundación Cetmar, Alberto González Garcés, presentou esta mañá aos representantes do sector pesqueiro galego, así como aos axentes sociais, económicos e públicos das zonas do litoral, o Eixo prioritario nº 4 do Fondo Europeo da Pesca e os Grupos de Acción Costeira (GACs). Para a posta en marcha desta iniciativa, o departamento de Pesca ten previsto un investimento inicial de 40 millóns de euros.

Carmen Gallego quixo destacar neste acto que ante a situación de certa inquedanza que está a atravesar o sector pesqueiro, motivada polo incremento do prezo do combustible, a presentación dos Grupos de Acción Costeira que se van a pór en marcha na nosa comunidade autónoma, supoñen unha responsabilidade e tamén “unha magnífica oportunidade de transmitir ilusión e gañas de facer novas cousas”.

Así mesmo, a titular de Pesca recordou que ao principio da lexislatura, na súa comparecencia ante o Parlamento de Galicia, o seu departamento marcouse como obxectivo primordial da súa política e dos seus proxectos ás persoas, “conseguir que os galegos e galegas que se dedican ao traballo no mar teñan unha vida mellor e unhas mellores condicións laborais”. Neste sentido, destacou que os Grupos de Acción Costeira seguen esta liña, ao igual que moitas das iniciativas postas en marcha pola Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos nestes tres anos de Goberno.

O Eixo prioritario nº 4 do FEP, considerado estratéxico, ten por obxectivo estimular a creación de novas fontes de ingresos sostibles e dun incremento apreciable da calidade de vida nas comunidades e zonas pesqueiras. Para iso, é indispensable proporcionar as ferramentas necesarias a aqueles axentes económicos e sociais que mellor comprenden os problemas e retos das comunidades pesqueiras co fin de adoptar as solucións ás súas demandas reais.

Neste sentido, a aplicación deste Eixo está moi avanzado en Galicia, de feito en breve sairá publicada unha orde pola que se crearán os Grupos de Acción Costeira nas áreas do litoral galego. Ademais, técnicos da Consellería de Pesca veñen mantendo xuntanzas co sector pesqueiro, así como cos axentes económicos, públicos e sociais destas zonas co fin de animalos a constituír estes grupos.

A responsable de Pesca destacou que o feito de conseguir que participen nun mesmo proxecto e nunha mesma zona todas as organizacións do sector pesqueiro, “xa constitúe en sí mesmo un importante reto de aunar vontades, iniciativas, inquedanzas, nun sector tradicionalmente organizado e que traballa   no entorno dun único porto pesqueiro”. Esta iniciativa conlevará que as organizacións pesqueiras traballen cun obxectivo moito máis amplo, e sobre todo, que actúen sobre un ámbito territorial máis extenso, que os levará á senda da negociación, do diálogo e do entendemento como alicerces para conquerir os logros que este novo mecanismo financeiro lles demandará.

Deste xeito, segundo as palabras de Carmen Gallego, o proxecto presentado hoxe conleva un plus que é que nun mesmo grupo de traballo participarán os representantes de todos os sectores que conviven nas poboacións costeiras, co único obxectivo de “mellorar as condicións socioeconómicas de todos os habitantes das distintas zonas”.

Creación dos Grupos de Acción Costeira

A importancia estratéxica do Eixo prioritario nº 4 do FEP reside en que cambia o centro de decisión, esixe unha participación activa do sector pesqueiro, impulsa unha orientación integradora e axuda a dar solucións aos problemas das poboacións costeiras como o abandono da actividade, a diversificación da actividade pesqueira, a divulgación e a conservación do patrimonio mariño e do medio ambiente ou a política de igualdade entre homes e mulleres.

Ademais, a intención deste Eixo é o desenvolvemento sustentable e a diversificación económica das zonas de pesca co propósito de mellorar as condicións de vida dos mariñeiros que alí residen. Do mesmo xeito, esta iniciativa representa un cambio na filosofía dos fondos comunitarios, posto que non só inclúe o aspecto económico, senón tamén o social.

No marco dos Grupos de Acción Costeira, priorizarase a creación dun grupo por cada una das sete zonas costeiras establecidas en Galicia en base a diferentes criterios de selección como: ser zonas formadas por municipios dedicados á pesca ou con baixa densidade de poboación. En base a isto establecéronse a Zona 1 Mariña Lucense e Ortegal, Zona 2 Golfo Ártabro, Zona 3 Costa da Morte, Zona 4 Seno de Fisterra-Muros e Noia, Zona 5 Ría de Arousa, Zona 6 Ría de Pontevedra e Zona 7 Ría de Vigo-A Guarda.

Estes grupos estarán formados polo sector pesqueiro, social, económico e público destas áreas litorais. Para que estes poidan ser elixidos, deberán presentar un Plan Estratéxico Zonal, o documento base para a futura execución de proxectos en cada zona, no que se deberá indicar o peso que se dá a cada unha das medidas que pretendan desenvolver, así como o cadro financeiro correspondente. Así mesmo, habilitaranse as liñas de axudas para que entidades, asociacións ou particulares, en cumprimento dos obxectivos do Plan, poidan presentar e executar proxectos.

Entre os obxectivos que terán que cumprir os Grupos de Acción Costeira, destacan os de servir aos socios de centro receptor, canalizador e distribuidor de toda a información relativa ao campo de acción do desenvolvemento local e rexional, centrándose principalmente na prospección e coñecemento das dotacións, recursos e proxectos existentes en cada momento que sexan de interese para eles. Tamén actuarán como factor de sensibilización das administracións, entidades públicas e privadas, así como das institucións comunitarias europeas, co obxecto de poder optimizar o aproveitamento dos recursos endóxenos da zona de cara ao seu desenvolvemento armónico, equilibrado, sostido e integral. Así mesmo, fomentarán impulsarán, programarán e colaborarán en actuacións dirixidas ao fortalecemento da competitividade da zona pesqueira.

Proxecto de Lei de Pesca

Na presentación que tivo lugar esta mañá en Compostela, Carmen Gallego fixo tamén especial fincapé en que o Proxecto de Lei de Pesca de Galicia, aprobado o pasado xoves polo Consello da Xunta, contempla xa dúas iniciativas totalmente vencelladas aos Grupos de Acción Costeira e ao seu afianzamento.

No texto normativo aparece regulada a creación da Axencia de Desenvolvemento Sustentable das Zonas de Pesca e o Turismo Mariñeiro, que garda unha importante relación coa iniciativa presentada hoxe. Así, recóllese que a Axencia terá como obxectivos elaborar as estratexias e plans integrados de coordinación de actuacións de diversa natureza nas zonas costeiras, difundir as políticas e medidas de desenvolvemento costeiro; dinamizar e coordinar os Grupos de Acción Costeira vinculados á política de desenvolvemento da pesca, o marisqueo e a acuicultura; ou impulsar a formulación por parte destes grupos de iniciativas e programas de desenvolvemento e diversificación das actividades propias do sector.

No que se refire ao turismo mariñeiro, tan en auxe en Galicia e no sector pesqueiro, estipúlase que terán a consideración de actividades deste tipo, entre outras, as de pesca turismo –desenvolvidas a bordo de embarcacións pesqueiras dirixidas ao coñecemento, valorización e difusión do traballo dos profesionais do mar-; as rutas guiadas; o ictiturismo ou as casas de as casas de turismo mariñeiro; e as de promoción e posta en valor da gastronomía mariñeira.

SEREA®
<p>Su navegador no soporta javascript, por favor habil&iacute;telo <a href="../Templates/inicio.htm">data.</a>


NOTICIAS

Os Grupos de Acción Costeira, reto de Pesca

Pesca implantará terminales TIC para actualizar los puertos de Cambados y A Illa

Caixanova impulsa la modernización de la pesca y el marisqueo

Pescanatur lanza un concurso de fotografía sobre a cultura do mar e a pesca nas rías

La isla de La Gomera tendrá una reserva marina de interés pesquero y científico

Pesca explica polo miúdo ao sector as novidades da convocatoria para proxectos colectivos de xestión pesqueira

La CE estudia dar 30.000 euros por barco en ayudas de ´mínimis´

Medio Ambiente premia dos trabajos de investigación para proteger el mar

Abogaron pola inclusión da gastronomía no turismo mariñeiro en Galicia

El marisco intenta reinventarse para captar más turistas

El Grupo de Acción Costeira de Arousa impulsará la creación de una marca propia

Pesca apoia un proxecto de capacitación en habilidades sociais no que participan as confrarías da Guarda, Baiona e Bueu

Presentan la Ruta Marítima do Salnés como atractivo turístico todo el año

A Rede de Municipios Pesqueros do País Vasco visita Galicia para coñecer as accións de diversificación da pesca que se levan a cabo na nosa comunidade

Marisco gallego a golpe de clic

"Escarabajo verde " documental de TVE sobre Lira recibe un premio

Coral Ruiz Vázquez: ´Los marineros gallegos respetan bastante las normativas de pesca´

El precio del pescado sube hasta un 944% desde la lonja a la plaza

La CE propone implantar un carné por puntos para la flota pesquera

Apuesta por el reciclaje marino

Galicia cuenta con siete proyectos para crear áreas marinas protegidas

Las cofradías de Celeiro y O Vicedo se unen para crear una reserva marina

La Cofradía de Lira da a conocer los productos de la reserva marina en la feria de Bremen

Las cofradías revisarán a finales de mes los topes de capturas y los días de trabajo en el libre marisqueo

Pescadores españoles piden apoyos para mejorar la concentración de la oferta

La nueva Lei de Pesca sustituye el permex por una licencia indefinida

As rutas de marisqueo de Carril gozarán dun maior nivel promocional en 2009

Los Veintisiete inician el debate sobre la reforma de la política pesquera

Comunidades de pescadores artesanais de Galicia e Sudamérica debaten o papel do sector na preservación do medio mariño

La directiva del GAC-4 se completa con el presidente del Náutico de Porto do Son y un miembro de Neria

Ampliado el plazo del fondo de apoyo a la diversificación del sector

Serea Stampa 08

A Consellería de Pesca solta 1350 alevíns de lumbrigante en Lira no marco do Plan de Repoboación de especies mariñas

La Cofradía participa en Cerdeña en un encuentro sobre pesca

Evaristo Lareo Viñas preside el Grupo de Acción Costeira

La CE publica una guía para que se aprovechen mejor los fondos de I+D+i

El Grupo de Acción Costeira de Arousa gestionará 4.000.000 de euros de los FEP

El Grupo de Acción Costera inicia la captación de sus socios

Pesca apoya un proyecto para la valorización de los subprodutos que genera la pesquera del percebe en Baiona, Bueu y A Guarda

España recibe 126 millones más del Fondo Europeo para la Pesca

Bélgica: Sugieren que Fondo Europeo financie proyectos pesqueros integrados en la gestión costera

El Grupo de Acción Costera gestionará ayudas europeas a la pesca por valor de 4 millones

La CE permite a los estados dar más ayudas sin notificarlas

Marineras en tierra

Investigadores catalanes estudian producir biodiesel a partir de algas de mar

Zarpa el barco que obtiene su energia de las olas del mar

Los pescadores investigan vías para ahorrar combustible

A Xunta aproba a modificación do Decreto polo que se crea a Reserva Mariña de Interese Pesqueiro Os Miñarzos de Lira

Expertos expondrán últimos avances en la producción de combustibles a partir de algas

El Gobierno pide una reunión con la CE por las ayudas a la flota

La UE aprueba las ayudas a la pesca por el incremento del gasóleo

Concurso de seleccion de grupos de accion costera

El equipo de trabajo del GAC Costa da Morte integra a 15 entidades

TODAS LAS NOTICIAS

Documento sin título

“ Los contenidos de esta página web reflejan el punto de vista de sus autores.
La Comisión Europea no se hace responsable del uso que se pueda realizar de ellos ”

  Copyright © 2009 SEREA ® Reservados todo los derechos
Dirección · Santiago - Spain