NOTICIAS
SEREA®
SEREA
descripcion
QUE E  SEREA
SOCIOS PROYECTO
AMBITO GEOGRAFICO
SEMINARIOS
DIRECTORIO
foro
formulario
Cursos
Jornadas
seminarios
NOTICIAS
ENLACES
restringida
MAPA
ver spot
ver spot
 

Pesca apoia un proxecto de capacitación en habilidades sociais no que participan as confrarías da Guarda, Baiona e Bueu

inglaterrafranespitagal
XUNTA DE GALICIA

Con esta iniciativa avógase por unha participación activa do sector pesqueiro na discusión e deseño das medidas de xestión

Este programa, impulsado polo pósito da Guarda, enmárcase nas axudas para a realización de proxectos de promoción sociocultural convocadas para acadar unha pesca responsable, así como unha maior valoración social dos traballadores do mar e para incidir na súa formación a través dunha participación activa

Santiago de Compostela, 8 de decembro de 2008.- A Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos está apoiando un Programa de capacitación en habilidades sociais para o sector pesqueiro, impulsado pola Confraría de Pescadores “Santa Tecla” da Guarda que se vén impartindo dende o pasado mes de outubro. Esta actividade enmárcase nas axudas para a realización de proxectos de promoción sociocultural convocadas pola Administración pesqueira galega para acadar unha actividade responsable, así como para lograr unha maior valoración social dos traballadores do mar e para incidir na súa formación a través dunha participación activa.

Os destinatarios do Programa de capacitación en habilidades sociais para o sector pesqueiro son os socios, asistencias técnicas, secretarios e membros da xunta xeral e do cabildo do pósito da Guarda, así como das confrarías de Baiona e Bueu. Esta actividade prantéxase dende unha perspectiva de participación activa do sector na discusión e deseño das medidas de xestión, xa que se considera que para que as confrarías manteñan un marco participativo é necesario dotalas das ferramentas e coñecementos necesarios para que se escoiten todas as voces e se chegue a decisións axeitadas e aceptadas por todos.

De feito, enténdese que é de gran importancia mellorar a formación dos integrantes dos pósitos para que acometer proxectos colectivos, tendo en conta que as tres confrarías veñen desenvolvendo conxuntamente unha iniciativa de xestión integral da pesquería do percebe. A finalidade do Programa é proporcionarlles especialización en habilidades que lles permitan responsabilizarse de propostas, ser capaces de analizar problemas e chegar a solucións conxuntas.

Con esta medida quérense obter resultados a dous niveis: facilitar no grupo o coñecemento e recoñecemento da súa realidade social e favorecer a súa capacidade de analizar, comprender e transformar a realidade concreta, así como impulsar a organización e a vertebración dun tecido social capaz de actuar con autonomía en determinadas circunstancias.

Actividades nas tres confrarías

O calendario de traballo previsto establece o desenvolvemento de actividades en cada unha das confrarías de xeito simultáneo, organizándose os contidos en oito módulos. Ademais, a teoría correspondente a cada apartado combínase con reflexións individuais e accións en grupo, entre outras, e entre cada sesión presencial apórtase material aos asistentes para apoiar o aprendido e que aporten as súas experiencias no vindeiro encontro.

A temática do primeiro dos módulos son os grupos, abarcando cuestións como a participación efectiva ou o liderado. O segundo e o terceiro apartado céntranse na comunicación non violenta e a escoita, mentres que os módulos catro, cinco e seis afondan nas reunión, as asembleas e a toma de decisións. Xa por último, os apartados sete e oito tratan a xestión de conflitos, tratando de buscar unha resolución positiva dos mesmos.

Diversificación das zonas de pesca

O Programa de capacitación en habilidades sociais para o sector pesqueiro no que participan as confrarías da Guarda, Baiona e Bueu enmárcase nas axudas para a realización de proxectos de promoción sociocultural convocadas pola Administración pesqueira galega. A través deste tipo de iniciativas, a Consellería de Pesca quere promover a dinamización sociocultural das comunidades pescadoras mediante programas de sustentabilidade aplicados a diferentes aspectos da realidade social desta profesión (económicos, sociais, ambientais, biolóxicos e culturais) para acadar unha pesca responsable, así como para lograr unha maior consideración social dos traballadores do mar e para incidir na súa formación a través dunha participación activa.

A promoción do patrimonio sociocultural apóiase na realización de proxectos de recuperación e divulgación, de formación, de educación ambiental e outros que teñen como finalidade contribuír a unha maior revitalización das comunidades do litoral. Ademais, considérase que a participación nas iniciativas non debe limitarse unicamente aos propios pescadores, senón que ten que abrirse á sociedade en xeral, a través da participación de entidades de tipo asociativo e da implicación das empresas mediante apoio económico e institucional.

SEREA®
<p>Su navegador no soporta javascript, por favor habil&iacute;telo <a href="../Templates/inicio.htm">data.</a>


NOTICIAS

Os Grupos de Acción Costeira, reto de Pesca

Pesca implantará terminales TIC para actualizar los puertos de Cambados y A Illa

Caixanova impulsa la modernización de la pesca y el marisqueo

Pescanatur lanza un concurso de fotografía sobre a cultura do mar e a pesca nas rías

La isla de La Gomera tendrá una reserva marina de interés pesquero y científico

Pesca explica polo miúdo ao sector as novidades da convocatoria para proxectos colectivos de xestión pesqueira

La CE estudia dar 30.000 euros por barco en ayudas de ´mínimis´

Medio Ambiente premia dos trabajos de investigación para proteger el mar

Abogaron pola inclusión da gastronomía no turismo mariñeiro en Galicia

El marisco intenta reinventarse para captar más turistas

El Grupo de Acción Costeira de Arousa impulsará la creación de una marca propia

Pesca apoia un proxecto de capacitación en habilidades sociais no que participan as confrarías da Guarda, Baiona e Bueu

Presentan la Ruta Marítima do Salnés como atractivo turístico todo el año

A Rede de Municipios Pesqueros do País Vasco visita Galicia para coñecer as accións de diversificación da pesca que se levan a cabo na nosa comunidade

Marisco gallego a golpe de clic

"Escarabajo verde " documental de TVE sobre Lira recibe un premio

Coral Ruiz Vázquez: ´Los marineros gallegos respetan bastante las normativas de pesca´

El precio del pescado sube hasta un 944% desde la lonja a la plaza

La CE propone implantar un carné por puntos para la flota pesquera

Apuesta por el reciclaje marino

Galicia cuenta con siete proyectos para crear áreas marinas protegidas

Las cofradías de Celeiro y O Vicedo se unen para crear una reserva marina

La Cofradía de Lira da a conocer los productos de la reserva marina en la feria de Bremen

Las cofradías revisarán a finales de mes los topes de capturas y los días de trabajo en el libre marisqueo

Pescadores españoles piden apoyos para mejorar la concentración de la oferta

La nueva Lei de Pesca sustituye el permex por una licencia indefinida

As rutas de marisqueo de Carril gozarán dun maior nivel promocional en 2009

Los Veintisiete inician el debate sobre la reforma de la política pesquera

Comunidades de pescadores artesanais de Galicia e Sudamérica debaten o papel do sector na preservación do medio mariño

La directiva del GAC-4 se completa con el presidente del Náutico de Porto do Son y un miembro de Neria

Ampliado el plazo del fondo de apoyo a la diversificación del sector

Serea Stampa 08

A Consellería de Pesca solta 1350 alevíns de lumbrigante en Lira no marco do Plan de Repoboación de especies mariñas

La Cofradía participa en Cerdeña en un encuentro sobre pesca

Evaristo Lareo Viñas preside el Grupo de Acción Costeira

La CE publica una guía para que se aprovechen mejor los fondos de I+D+i

El Grupo de Acción Costeira de Arousa gestionará 4.000.000 de euros de los FEP

El Grupo de Acción Costera inicia la captación de sus socios

Pesca apoya un proyecto para la valorización de los subprodutos que genera la pesquera del percebe en Baiona, Bueu y A Guarda

España recibe 126 millones más del Fondo Europeo para la Pesca

Bélgica: Sugieren que Fondo Europeo financie proyectos pesqueros integrados en la gestión costera

El Grupo de Acción Costera gestionará ayudas europeas a la pesca por valor de 4 millones

La CE permite a los estados dar más ayudas sin notificarlas

Marineras en tierra

Investigadores catalanes estudian producir biodiesel a partir de algas de mar

Zarpa el barco que obtiene su energia de las olas del mar

Los pescadores investigan vías para ahorrar combustible

A Xunta aproba a modificación do Decreto polo que se crea a Reserva Mariña de Interese Pesqueiro Os Miñarzos de Lira

Expertos expondrán últimos avances en la producción de combustibles a partir de algas

El Gobierno pide una reunión con la CE por las ayudas a la flota

La UE aprueba las ayudas a la pesca por el incremento del gasóleo

Concurso de seleccion de grupos de accion costera

El equipo de trabajo del GAC Costa da Morte integra a 15 entidades

TODAS LAS NOTICIAS

Documento sin título

“ Los contenidos de esta página web reflejan el punto de vista de sus autores.
La Comisión Europea no se hace responsable del uso que se pueda realizar de ellos ”

  Copyright © 2009 SEREA ® Reservados todo los derechos
Dirección · Santiago - Spain