NOTICIAS
SEREA®
SEREA
descripcion
QUE E  SEREA
SOCIOS PROYECTO
AMBITO GEOGRAFICO
proyectos
observatorio
SEMINARIOS
DIRECTORIO
foro
formulario
Cursos
Jornadas
seminarios
NOTICIAS
ENLACES
restringida
MAPA

Pesca Repsol e Cetpec analizan os retos da terceira fase do proxecto Peixe Verde

inglaterrafranespitagal

EL CORREO 1 de Febreiro 2008

Na xuntanza, que tivo lugar esta mañá, os asistentes trataron sobre a necesidade de dotar aos portos pesqueiros das infraestruturas precisas para subministrar Gas Licuado de Petróleo (GLP) ás 200 embarcación que están a participan neste proxecto

peixe verde

Santiago de Compostela, 1 de febreiro de 2008.- A C onselleira de Pesca e Asuntos Marítimos, Carmen Gallego Calvar, mantivo esta mañá en Santiago unha xuntanza con representantes da compañía Repsol YPF, así como co director do Centro Tecnolóxico da Pesca de Celeiro (Cetpec), Andrés Díaz. O obxectivo da reunión foi facer un seguimento da terceira fase na que se atopa a liña de investigación “Santiago Apóstolo”, enmarcada no Proxecto “Peixe Verde”, que financia a Consellería de Pesca. Esta iniciativa estuda a viabilidade de transformar os motores de gasolina das embarcacións de baixura a Gas Licuado de Petróleo (GLP) co propósito de aforrar custes, dado o importante incremento de prezo que está a acadar o crú nos últimos anos.

Durante a xuntanza, Carmen Gallego e os representantes de Repsol YPF e do Cetpec analizaron, entre outros temas, a oscilación dos prezos nos carburantes nos últimos meses, así como a necesidade de dotar aos portos pesqueiros das infraestruturas precisas para subministar combustible (GLP) ás 200 embarcacións que están a participar a día de hoxe neste proxecto de investigación.

Terceira fase do proxecto

Cabe lembrar que o pasado mes de decembro, a titular de Pesca da Xunta de Galicia presentou ao sector os importantes resultados acadados na segunda das fases da liña de investigación “Santiago Apóstolo” e anunciou a continuación do proxecto cunha terceira fase. Esta estase a desenvolver coa implantación do gas licuado de petróleo en 200 embarcacións de artes menores de diferentes portos galegos.

Así mesmo, esta parte do estudo contempla a instalación de tanques fixos nas lanchas, en lugar das bombonas empregadas nas dúas primeiras fases, que serán recargados dende un surtidor a granel situado no porto, da mesma forma que fan agora os barcos a gasolina.

Dos resultados da primeira e segunda parte da investigación despréndese a viabilidade técnica e económica que supón cambiar os motores de combustible tradicional por outros que empregan enerxías alternativas como o GLP en embarcacións de baixura. Así mesmo, co emprego do Gas Licuado, detectouse un aforro mínimo importante, que se sitúa entre o 30 e o 35 por cento, aínda que nalgúns casos chegou ata o 49 por cento.

peixe verde

SEREA®
Documento sin título

“The contents of this website reflect the views of the author
The European Commission is not responsible for any use that may be made thereof”

  Copyright © 2008 SEREA ® Reservados todo los derechos
Dirección · Santiago - Spain