O Centro de Interpretación da Pesca e da Salga reabrirá as portas a partir de mañá
REDACCIÓN > O GROVE
O Centro de Interpretación da Pesca e da Salga (CIPES), situado en Punta Moreiras abrirá mañá as súas portas de novo, despois de pechar desde xaneiro.
Aínda así, non se poderá cobrar entrada desde o comezo, tal e como era a vontade do Concello e a pesar da recente aprobación plenaria dunha ordenanza fiscal que faculta á xunta de goberno para estas decisións.
A ordenanza ten de ser publicada antes no Boletín Oficial da Provincia (BOP), xa que este trámite é ineludible, segundo sinalaron os servizos municipais de intervención económica.
Con todo, o concelleiro de Cultura xa ten sinalado que o prezo da entrada será “non simbólico pero si moi asumible”, de xeito que axude a financiar parcialmente os custos dos servizos e as instalacións.
“ Los contenidos de esta página web reflejan el punto de vista de sus autores.
La Comisión Europea no se hace responsable del uso que se pueda realizar de ellos ”