El proyecto Mardelira fue expuesto a los marineros de Costa Rica
12 de Diciembre 2007
Co inicio das novas actividades do Proxecto SEREA a Federación Galega de Confrarías de Pescadores comenza a coordinación dunha serie de accións de vital importancia para a consecución do proxecto e pasa a reflectirse unha visión práctica no sector da misión do mencionado proxecto.
Esta entidade ven de organizar os días 30 de novembro e o 11 de decembro dúas reunións coas Confrarías de Pescadores de Cambados, Cedeira e Lira a fin de preparar e coordinar as actividades 6 e 7 e por en marcha os Servicio de Asesoramento para a recualificación profesional de persoas e empresarios e traballadores do sector e zonas xeográficas asociadas e o Servicio de Asesoramento para la recolocación de profesionales dentro do propio sector.
Se realizou un informe consensuado entre as catro entidades a fin de elaborar unha análise e descripción do posto de traballo (ADTP) que vai desenrolar o servicio que a través do proxecto Serea se vai establecer de maneira piloto nas confrarías citadas.
Como resultados finais das reunións se acordou divulgar entre todas as confrarías de Galicia a proxima convocatoria dos cursos 3 cursos de 30 horas que se realizarán nas tres localidades onde teñen o domicilio social as confrarias participantes. Así mesmo, se plantexou a organización da realización de visitas a aproximadamente 10 confrarías a fin de analizar os cadros de persoal existentes e elaborar os perfiles profesionais do persoal que habitualmente traballan nas confrarías.