NOTICIAS
SEREA®
SEREA
descripcion
QUE E  SEREA
SOCIOS PROYECTO
AMBITO GEOGRAFICO
proyectos
observatorio
SEMINARIOS
DIRECTORIO
foro
formulario
Cursos
Jornadas
seminarios
NOTICIAS
ENLACES
restringida
MAPA
SEREA®

Conclusiones Jornada Libro Verde

EL CORREO

Conclusións das Xornadas sobre o Libro Verde de Política Marítima celebradas os días 25 e 26 de xuño en Vigo 

Transcurrido un ano dende que a Comisión Europea adoptara o Libro Verde de Política Marítima para a UE, e próximo a concluir o debate e periodo de reflexión aberto sobre o devandito documento, Galicia, como rexión que naceu, medrou e que se sigue a desenvolver vencellada ao mar e a o seu entorno, non podía deixar que pasara esta oportunidade sen que no noso territorio se celebrase un debate multidisciplinar e participativo para aportar as nosas inquedanzas e suxerencias á Comisión.

Transcurrido un ano dende   que a Comisión Europea   adoptara o Libro Verde de Política Marítima   para a UE, e próximo a   concluir o debate e periodo de reflexión aberto sobre o devandito documento, Galicia, como rexión   que naceu, medrou e que se sigue a desenvolver   vencellada ao mar e a o seu entorno,   non podía deixar que pasara esta   oportunidade   sen que no noso territorio se   celebrase un debate multidisciplinar e participativo   para aportar   as nosas inquedanzas   e suxerencias á Comisión.
Os participantes nas xornadas comparten e aopian a inicativa lanzada pola Comisión de presentar unha visión de espazo marítimo enfocada á definición dunha estratexia   multidisciplinar integradora e unificadora da política marítima, que permite   reflexionar detidamente   sobre as actividades vencelladas a este ámbito: a pesca, o turismo, o naval, a investigación, a formación......

CONCLUSIÓN GLOBAIS

Ao longo destos dous días de debate, e nas distintas mesas de traballo realizadas, incidiuse de xeito directo nunha serie de aspectos globais que deberían prantexarse como   principios básicos que deberían iluminar o Libro verde.
a)Necesidade dun compromiso serio e firme dos estados   membros da UE na aplicación e defensa das políticas   que xurdan da aprobación do Libro verde.
b)Necesidade de que o Libro Verde   teña en consideración unha maior visión do factor humano nos distintos sectores e non se base exclusivamente en aspectos meramente económicos.
c)Necesidade de que o Libro Verde impulse e contemple   como un piar básico de acción da UE a integración, cohesión, coherencia e coordinación dos estados membros e a política marítima.
d)Necesidade   de que a formación en todos os sectores e aspectos sexa unha prioridade no deseño da política marítima.
e)Necesidade   dun enfoque ecosistemático en consonancia   coa Directiva de Estratexia Mariña.

f)Aplicación dos principios   de precaución, de desenvolvemento sostible e de solidariedade.
g)Necesidade   de que o Libro Verde realice   un enfoque holístico e integral do espazo marítimo.
h)Necesidade de ambición   na planificación da política marítima como elemento ilusionante na súa definición

CONCLUSIÓNS POR MESAS
MESA I. PESCA E SOSTIBILIDADE

Mellora da comercialización como factor de dinamización e consolidación da actividade pesqueira.
Participación e potenciación das estruturas do sector na toma de decisións que afecten á explotación e xestións dos recursos, creando sinerxias co sector en todos os ámbitos (investigación, formación ...).
Rigor nos datos e nas informacións que fundamentan a toma de decisións.
Visión socioeconómica da pesca e o marisqueo, compatibilizando o crecemento económico coa sostibilidade.
Creación dun rexistro de hábitats e especies protexidas.
Adopción de medidas de mantemento, preservación e mellora do ecosistema mariño.
Especialización rexional como elemento de liderado ante o deseño de políticas marítimas.
Potenciación e coordinación da investigación.

MESA II. GOBERNANZA E XESTIÓN COSTEIRA INTEGRAL

Apostar por unha xestión integral do espazo marítimo-terrestre como elemento de uso e disfrute das poboacións, costeiras ou non costeiras.
Apostar por un desenvolvemento sostible, equitativo e responsable do litoral na protección dos ecosistemas integrais e no bo uso dos recursos naturais.
Apostar pola creación de áreas mariñas protexidas dentro dun enfoque ecosistémico.
Apostar pola aplicación do principio de subsidiariedade sobre bases xeográficas e as boas prácticas rexionais.
Apostar por unha política integrada e compatible da pesca, acuicultura e desenvolvemento sostible.
Apostar polos acordos tripartitos como instrumento áxil e viable de xestión do litoral, transporte, actividades económicas e de ocio ... das zonas costeiras.

MESA III. TECIDO EMPRESARIAL

Apostar polo desenvolvemento industrial con produción.
Necesidade de crear un marco xurídico-financieiro que aminore os riscos.
Apostar polo capital humano e pola I+D+i como elemento diferenciador e de consolidación da industria.
Apostar pola dotación de infraestruturas portuarias axeitadas.
Apostar pola integración dos estaleiros coas outras actividades que se desenvolven no ámbito portuario.
Apostar por un maior control e rigor nas políticas de control e de calidade dos produtos e dos procesos produtivos.

MESA IV. TURISMO E PATRIMONIO MARÍTIMO

Apostar polo turismo como unha oportunidade para o desenvolvemento das comunidades litorais, creando un mercado para os produtos locais de calidade e produción artesana.
Apostar pola valoración do patrimonio cultural marítimo e pesqueiro.
Crear un marco legal claro en materia de observación da natureza, turismo mariñeiro ..., así como un rexistro de embarcacións históricas e tradicionais.

MESA V. TRÁFICO MARÍTIMO, PROFESIÓNS MARÍTIMAS E SEGURIDADE

Apostar pola creación dun Corpo de Gardacostas Europeo.

 
inglaterrafranespitagal

SEREA®
Documento sin título

“ Los contenidos de esta página web reflejan el punto de vista de sus autores.
La Comisión Europea no se hace responsable del uso que se pueda realizar de ellos ”

  Copyright © 2009 SEREA ® Reservados todo los derechos
Dirección · Santiago - Spain