NOTICIAS
SEREA®
SEREA
descripcion
QUE E  SEREA
SOCIOS PROYECTO
AMBITO GEOGRAFICO
SEMINARIOS
DIRECTORIO
foro
formulario
Cursos
Jornadas
seminarios
NOTICIAS
ENLACES
restringida
MAPA
ver spot
ver spot
 

Comunidades de pescadores artesanais de Galicia e Sudamérica debaten o papel do sector na preservación do medio mariño

inglaterrafranespitagal

EL CORREO

O Seminario da Rede de Comunidades Pesqueiras para o Desenvolvemento Sostible (Recopades), que organiza o Cetmar e apoian a Consellería de Pesca e a Fundación Lonxanet, foi inaugurado hoxe en Vigo

O director xeral de Recursos Mariños participou na xornada de hoxe falando sobre as reservas mariñas e a inteción da Administración pesqueira galega de poñer en marcha unha en cada ría galega

Santiago de Compostela, 29 de setembro de 2008.- Comunidades de pescadores artesanais de Galicia e Sudamérica debaten dende hoxe en Vigo a problemática do sector e o seu papel na preservación do medio mariño, no marco do Seminario da Rede de Comunidades Pesqueiras para o Desenvolvemento Sostible (Recopades). Esta actividade está organizada polo Centro Tecnolóxico do Mar – Fundación Cetmar e conta co apoio da Consellería de Pesca e da Fundación Lonxanet.

O acto de apertura do seminario tivo lugar esta mañá e estivo presidido pola directora da Fundación Biodiversidad, dependente do Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino, Ana Leiva. Tamén participaron na inauguración o director do Cetmar, Alberto González-Garcés, o director da Fundación Loxanet, Antonio García Allut, e o director xeral de Recursos Mariños, Antonio García Elorriaga.

Durante a súa intervención ante os representantes das oito comunidades de pescadores artesanais que asisten ao Seminario Recopades procedentes de Arxentina, Brasil, Chile, Uruguai e Galicia, a directora da Fundación Biodiversidad destacou o interese desa entidade polo desenvolvemento sostible do mar e o papel do sector pesqueiro como “gran aliado” de cara á conservación do medio mariño. Asegurou tamén que “a necesidade de avanzar no coñecemento, conservación e uso sostible dos recursos mariños é acuciante” e resaltou a importancia de que administracións e sociedade civil aúnen esforzos en proxectos conxuntos que persigan eses obxectivos. Leiva, que detacou o labor “relevante” do Centro Tecnolóxico do Mar no “fomento da I+D+I no sector pesqueiro galego, español, europeo e mundial”, incidiu no papel dos pescadores artesanais como “gardiáns do mar”.

Pola súa banda, o director do Cetmar, Alberto González-Garcés, foi o encargado de dar a benvida aos integrantes de Recopades, unha rede que definiu como “unha ferramenta útil para un bo desenvolvemento e xestión dos ecosistemas mariños e dos seus recursos”, e o fixo acompañado por Antonio García Allut, director da Fundación Lonxanet, que lidera este proxecto. García Allut vinculou tamén o futuro dos recursos pesqueiros á permanencia e existencia dos pescadores artesanais e falou de Recopades como unha rede “única a nivel global que constitúe un mosaico de solucións a problemas” exportables a outras comunidades pesqueiras.

Reservas mariñas

Ademais da presentación das comunidades Recopades, labor que correspondeu ao coordinador da rede en Latinoamérica, Cadudzzi Salas, nesta primeira xornada do seminario participaron como relatores o coordinador de estudos e proxectos da Fundación Biodiversidad, Ignacio Torres, e o director xeral de Recursos Mariños, Antonio García Elorriaga. O representante da Consellería de Pesca falou aos presentes das reservas mariñas, dos mecanismos existentes para a súa creación, dos seus obxectivos e dos seus resultados sobre o sector pesqueiro e a pesca artesanal, sobre o medio e sobre a sociedade.

García Elorriaga incidiu no interese da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos na creación dunha destas áreas en cada unha das rías galegas, unha medida que, resaltou, precisa do “consenso e implicación” do sector pesqueiro. De feito, sinalou que “non haberá reservas mariñas que non sexan solicitadas polo sector” do que, dixo, “debe involucrarse tanto na creación como na xestión e control” desas zonas de protección.

Na súa exposición, o director xeral falou da única reserva mariña que existe actualmente en Galicia, a de “Os Miñarzos” en Lira (no concello coruñés de Carnota), así como dos dous proxectos xa “avanzados” para a posta en marcha das áreas de Cedeira e Celeiro e dos primeiros pasos que se están dando para crear outras dúas en Camelle e Aguiño. ”Cando todas estas reservas estean funcionando ampliaremos a rede”, adiantou.

Precisamente, dentro do programa do Seminario Recopades, que finalizará o venres na sede do Centro Tecnolóxico do Mar, están previstas visitas á Reserva Mariña de Lira e a Cedeira, entre outras actividades.


SEREA®
<p>Su navegador no soporta javascript, por favor habil&iacute;telo <a href="../Templates/inicio.htm">data.</a>


NOTICIAS

Os Grupos de Acción Costeira, reto de Pesca

Pesca implantará terminales TIC para actualizar los puertos de Cambados y A Illa

Caixanova impulsa la modernización de la pesca y el marisqueo

Pescanatur lanza un concurso de fotografía sobre a cultura do mar e a pesca nas rías

La isla de La Gomera tendrá una reserva marina de interés pesquero y científico

Pesca explica polo miúdo ao sector as novidades da convocatoria para proxectos colectivos de xestión pesqueira

La CE estudia dar 30.000 euros por barco en ayudas de ´mínimis´

Medio Ambiente premia dos trabajos de investigación para proteger el mar

Abogaron pola inclusión da gastronomía no turismo mariñeiro en Galicia

El marisco intenta reinventarse para captar más turistas

El Grupo de Acción Costeira de Arousa impulsará la creación de una marca propia

Pesca apoia un proxecto de capacitación en habilidades sociais no que participan as confrarías da Guarda, Baiona e Bueu

Presentan la Ruta Marítima do Salnés como atractivo turístico todo el año

A Rede de Municipios Pesqueros do País Vasco visita Galicia para coñecer as accións de diversificación da pesca que se levan a cabo na nosa comunidade

Marisco gallego a golpe de clic

"Escarabajo verde " documental de TVE sobre Lira recibe un premio

Coral Ruiz Vázquez: ´Los marineros gallegos respetan bastante las normativas de pesca´

El precio del pescado sube hasta un 944% desde la lonja a la plaza

La CE propone implantar un carné por puntos para la flota pesquera

Apuesta por el reciclaje marino

Galicia cuenta con siete proyectos para crear áreas marinas protegidas

Las cofradías de Celeiro y O Vicedo se unen para crear una reserva marina

La Cofradía de Lira da a conocer los productos de la reserva marina en la feria de Bremen

Las cofradías revisarán a finales de mes los topes de capturas y los días de trabajo en el libre marisqueo

Pescadores españoles piden apoyos para mejorar la concentración de la oferta

La nueva Lei de Pesca sustituye el permex por una licencia indefinida

As rutas de marisqueo de Carril gozarán dun maior nivel promocional en 2009

Los Veintisiete inician el debate sobre la reforma de la política pesquera

Comunidades de pescadores artesanais de Galicia e Sudamérica debaten o papel do sector na preservación do medio mariño

La directiva del GAC-4 se completa con el presidente del Náutico de Porto do Son y un miembro de Neria

Ampliado el plazo del fondo de apoyo a la diversificación del sector

Serea Stampa 08

A Consellería de Pesca solta 1350 alevíns de lumbrigante en Lira no marco do Plan de Repoboación de especies mariñas

La Cofradía participa en Cerdeña en un encuentro sobre pesca

Evaristo Lareo Viñas preside el Grupo de Acción Costeira

La CE publica una guía para que se aprovechen mejor los fondos de I+D+i

El Grupo de Acción Costeira de Arousa gestionará 4.000.000 de euros de los FEP

El Grupo de Acción Costera inicia la captación de sus socios

Pesca apoya un proyecto para la valorización de los subprodutos que genera la pesquera del percebe en Baiona, Bueu y A Guarda

España recibe 126 millones más del Fondo Europeo para la Pesca

Bélgica: Sugieren que Fondo Europeo financie proyectos pesqueros integrados en la gestión costera

El Grupo de Acción Costera gestionará ayudas europeas a la pesca por valor de 4 millones

La CE permite a los estados dar más ayudas sin notificarlas

Marineras en tierra

Investigadores catalanes estudian producir biodiesel a partir de algas de mar

Zarpa el barco que obtiene su energia de las olas del mar

Los pescadores investigan vías para ahorrar combustible

A Xunta aproba a modificación do Decreto polo que se crea a Reserva Mariña de Interese Pesqueiro Os Miñarzos de Lira

Expertos expondrán últimos avances en la producción de combustibles a partir de algas

El Gobierno pide una reunión con la CE por las ayudas a la flota

La UE aprueba las ayudas a la pesca por el incremento del gasóleo

Concurso de seleccion de grupos de accion costera

El equipo de trabajo del GAC Costa da Morte integra a 15 entidades

TODAS LAS NOTICIAS

Documento sin título

“ Los contenidos de esta página web reflejan el punto de vista de sus autores.
La Comisión Europea no se hace responsable del uso que se pueda realizar de ellos ”

  Copyright © 2009 SEREA ® Reservados todo los derechos
Dirección · Santiago - Spain