NOTICIAS
SEREA®
SEREA
descripcion
QUE E  SEREA
SOCIOS PROYECTO
AMBITO GEOGRAFICO
proyectos
observatorio
SEMINARIOS
DIRECTORIO
foro
formulario
Cursos
Jornadas
seminarios
NOTICIAS
ENLACES
restringida
MAPA

Pesca aporta 15.500 euros ás dúas rutas do turismo mariñeiro das mariscadoras de Carril

inglaterrafranespitagal

EL CORREO Domingo 6 de Abril 2008

Redacción Vilagarcía

A Consellería de Pesca aporta preto de 15.500 euros ao desenvolvemento dun proxecto de turismo mariñeiro posto en marcha por un grupo de 20 mariscadoras carrilexas, agrupadas na asociación “Os Lombos do Ulla”, e que o vindeiro mes de maio comezará a concretarse coas primeiras visitas guiadas.

O proxecto presentado por “Os Lombos do Ulla” ante a Consellería de Pesca ten coma finalidade a posta en valor da cultura mariñeira, potenciando tamén a valoración dos produtos marisqueiros por parte do consumidor, e dotando ás mariscadoras dunha nova fonte de ingresos.

“Os Lombos do Ulla” encárgase de divulgar a súa oferta nos diferentes puntos de información turística de Vilagarcía, da comarca do Salnés e da provincia de Pontevedra, mediante dípticos e demáis material informativo.

A actividade das mariscadoras de Carril céntrase en dúas rutas diferentes, que se desenvolverán a partir de maio. Unha parte da praia da Compostela e chega ata a lonxa e porto de Carril. No primeiro punto explicaranse aos turistas que se sumen ao percorrido diferentes contidos da actividade marisqueira, mentres que na rada poderán coñecer as embarcacións de baixura e artes de pesca empregadas polos “rañeiros”, así coma os parques de cultivo.

Unha vez na lonxa, exporase aos participantes como é o sistema de venda de marisco e informarase das diferentes especies que se subastan na rula.

O segundo percorrido centrarase na zona dos Lombos do Ulla, anque esta alternativa só se poderá realizar nos días de grandes “secas”, que faciliten a visita a aqueles bancos marisqueiros que chegan case ata Cortegada.

Aquí, as guías detallarán a importancia e riqueza deste banco marisqueiro desde o punto de vista biolóxico e económico para os profesionais da zona, facendo especial fincapé na explotación racional dos recursos e no plan experimental da Consellería de Pesca para este banco. En ambas rutas explicaranse contidos comúns como que é o marisqueo a pé, o traballo diario destas profesionais ou que artes se empregan.

Duración> A duración de cada unha destas rutas rondará a hora e media, e os grupos de participantes non sobrepasarán, en principio, as vinte persoas en cada quenda.

Carril
As mariscadoras iniciarán en maio as súas propostas de turismo mariñeiro.

SEREA®
Documento sin título

“The contents of this website reflect the views of the author
The European Commission is not responsible for any use that may be made thereof”

  Copyright © 2008 SEREA ® Reservados todo los derechos
Dirección · Santiago - Spain