NOTICIAS
SEREA®
SEREA
descripcion
QUE E  SEREA
SOCIOS PROYECTO
AMBITO GEOGRAFICO
SEMINARIOS
DIRECTORIO
foro
formulario
Cursos
Jornadas
seminarios
NOTICIAS
ENLACES
restringida
MAPA
ver spot
ver spot
 

Carme García Negro: "Hai que ser cautos á hora de situar as piscifactorías"

inglaterrafranespitagal

EL CORREO

"O mar é un depósito de vida", comeza dicindo María do Carme García Negro (Lugo, 1950; profesora titular do departamento de Economía Aplicada da USC e directora do Grupo de Investigación de Economía Pesqueira)

Jueves 10 Abril 2008
LUIS POUSA• SANTIAGO

Carme García Negro, profesora titular do departamento de Economía Aplicada da USC FOTO: FERNANDO BLANCO
Carme García Negro, profesora titular do departamento de Economía Aplicada da USC
FOTO: FERNANDO BLANCO

"O mar é un depósito de vida", comeza dicindo María do Carme García Negro (Lugo, 1950; profesora titular do departamento de Economía Aplicada da USC e directora do Grupo de Investigación de Economía Pesqueira). "Cando chego a un sitio de mar, e a ría de Vigo fai esa función, gustaríame mergullarme nel; esa idea de que saímos de aí e volvemos aí. Iso desde un punto de vista moi vital. E no sentido profesional sigo pensando que no mar hai alimentos de todo tipo, hai unha relación interactiva entre a atmosfera e a auga, hai un depósito de minerais impresionante. É un medio de transportes e comunicacións, e é diariamente cambiante".

_ ¿Os prezos percibidos polo sector pesqueiro veñen determinados polo mercado?

_ O mercado é un nome abstracto, os prezos relativos das cousas responden a unha relación de poder. De feito, se nos fixamos nas empresas integradas, desde a primeira extración ata o último segmento do mercado, os prezos relativos perden importancia e só a ten o prezo final, que o marca quen ten capacidade de facelo. En cambio, desagregadamente, cada unha desas partes desa agregación percibe o que lle toca.

_ ¿Nesa relación de poder quen perde máis e quen gaña máis?

_ No sector pesqueiro, sempre a parte extractiva sae peor parada. E non é por nada, senón por esas cuestións das relacións de poder. Pois cando se trata dun proceso integrado, ¡oh milagro!, ese problema desparece. Iso mesmo pasa coa mineira e coas materias primas agrarias: quen leva a peor parte é o produtor de algodón e non quen vende as camisetas. E logo, á parte dos sectores, depende da época que esteamos falando: hoxe o capital financeiro é o titular desa repartición.

_ ¿Como se explica que haxa escaseza de peixe, e unha parte se dedique a facer fariñas?

_ Claro, e o mesmo que como se entende que haxa fame no mundo, e milleiros de nenos morran diariamente por desnutrición, e se dediquen parte das subvencións a producir cereais destinados ós biocombustibles.

_ ¿Se hai sobreexplotación de recursos pesqueiros e estes son escasos, como é que os prezos recibidos polos pescadores seguen sendo baixos?

_ No caso da sobreexplotación fálase en termos mundiais, mediante a análise dos mares. Entón obsérvase que tal recurso se encontra nun estadio vital malo, pero sucede que, por exemplo, na ría de Muros saen cinco barcos ó mesmo día, traballan os cinco ó mesmo tempo e sobre o mesmo recurso, e logo se non teñen comprador tirarán o capturado. Pero isto non é contraditorio co outro: nun caso trátase da situación dun recurso de forma xenérica e no outro, dese recurso nunha situación concreta, en que existe unha abundancia relativa e, no entanto, non dá lugar a mercado.

_ ¿Que sentido ten reducir a frota para substituíla por buques máis potentes, tecnoloxicamente avanzados, e con moita máis capacidade de captura?

_ A orixe desta política pesqueira está na propia política comunitaria.Tanto antes na CEE como agora na UE, o sector pesqueiro nunca gozou dun gran predicamento. Para os países fundadores da CEE a pesca non era importante, e cando se incorporan España e Portugal, os ideólogos das políticas pesqueiras e agrícolas tiñan outro interese na forma de distribuír os alimentos. E iso fixo que se dixera sempre, case como unha ecuación, hai sobreexplotación: imos reducir a frota, sen pensar noutras alternativas. Se o recurso está sobreexplotado e o tamaño da frota é este, deberían facelo de forma única, en vez diso distribuíron a redución da frota por países, co cal volvemos á cuestión das relacións de poder.

_ ¿Por que?

_ Porque houbo países que reduciron reducindo, houbo países que reduciron aumentando e houbo países que non tiñan frota e criaron frota. Foi unha política absurda, porque deu como resultado final que en lugar de reducir frota, tivésemos na UE máis frota e máis potente, pero non en España. Somos un exemplo de Quijotes: reducimos reducindo, facendo do noso haraquiri unha mostra de europeísmo. Incluso esquecéndose que a pesca de baixura, como é o noso caso, é perfectamente compatible, ben explotada e controlada, coa explotación de recursos en alta mar. Pero iso xa dependía da capacidade e intelixencia dos gobernantes.

_ ¿Por que se na agricultura se tende a reducir o proteccionismo, aí está a OCM, no caso da pesca existe un proteccionismo claro dos recursos pesqueiros por parte dos países ribereños?

_ Nun breve período pasouse a facer unha especie de parcelación do mar, donde os países ribereños declararon, e así está admitido internacionalmente, o dereito ó control e explotación das súas augas adherentes, as 200 millas famosas. E considérase un avance da soberanía dos países, porque foi un movemento dos países menos desenvolvidos contra os intereses dos Estados Unidos de explotar recursos mineiros. No entanto, desde o punto de vista de explotación de negocios nesas augas, da liberdade de instalación e de comercio, ten moitos inconvenientes. Calquera empresario chega a un país e ten uns mecanismos legais, perfectamente establecidos, para instalarse, tanto para poñer unha tenda como para facer un investimento mesmo en bens inmobiliarios. Na pesca segue sen poder aterse a unha estrutura de dereito que se corresponda coa estrutura económica actual. Un país pode ter dereito ó control dese espazo marítimo como exercicio de súa soberanía, pero tamén é lóxico que exista un dereito internacional recoñecido para que a libertade económica para investir nese campo sexa igual que en calquera outro investimento estranxeiro directo.

_ ¿Ese control é contraditorio coa liberdade ilimitada de paso do transporte marítimo polas augas xurisdicionais?

_ Totalmente, porque está impedindo que poidamos regular racionalmente o noso mar. En Fisterra vemos pasar cada cinco minutos un transporte perigoso, e ao mellor non tiña que ser así.

_ ¿Galicia segue a ser unha potencia mundial, tanto no eido de frota como no de capturas?

_ Si, pero estamos nunha fase na que debería dar o paso seguinte, e ir a empresas máis integradas e mellor establecidas. Por frota, somos unha potencia mundial, e temos unha capacidade que case nunca se di: os nosos mariñeiros saben pescar.

_ ¿Iso é 'know how'?

_ Pois si. Os nosos mariñeiros saben pescar e coñecen os mares do mundo, e eso é fundamental. E despois, desde o puntos de vista de empresas e establecementos, estamos en todas as partes do mundo. Sabemos transformar de marabilla os produtos pesqueiros. Desde o punto de vista industrial, a evolución das nosas empresas de transformación e conserveiras foi impecable. Estamos nos primeiros postos de Europa. E no interior das nosas rías temos un potencial de producir motísimas máis cousas das que se producen hoxe. Fáltanos, como sempre, saber vender mellor os nosos produtos.

_ ¿Fallamos no último tramo?

_ Hai empresas que xa están integradas cara a atrás, e naceron na comercialización, e son moi grandes, potentes e capaces. Pero no caso do mexillón, que somos os segundos produtores mundiais, estamos sempre a un paso de consolidar o sector, que mentres só venda a materia prima non se consolidará. E logo, dentro do que é a Unión Europea, somos fantásticos. Por certo, eu sempre digo que en Europa fomos os primeiros estranxeiros que lle gañamos un preito á súa graciosa maxestade co da Merchant Shiping Act.

_ ¿Que importancia teñen as novas tecnoloxías na redefinición do proceso pesqueiro e nos seus tramos finais?

_ Motísima, pero motísima máis aínda ten a organización como motor do crecemento da produción, do aprovisionamento, das vendas e das chegadas ós mercados, de establecerse e consolidarse. A capacidade organizativa é decisiva para permanecer no tempo e xerar valor engadido, e nese aspecto, tanto no interior das empresas como nos proxectos e nas estratexias, funciona ben, pero falla a parte pública, e teño que dicilo.

_ ¿Ah, si?

_ Si, a Administración non debería ter tanto interese en manexar fondos, como en cumprir o papel de acompañar a iniciativa privada. Nos países adiantados en pesca, como Noruega, Xapón ou Islandia, as Administracións públicas son igual senón van por diante da iniciativa privada en cada momento. E sempre significaron non un colchón de diñeiro, senón un colchón institucional de apoio e tutela, cunha extratexia única, que aquí non a hai. Perdemos bazas económicas por esa ausencia. As relacións internacionais tiñan que estar máis avanzadas para, salvagardando o medio, o mar e a vida de todos os recursos, controlar outros aspectos que tamén impiden a evolución dos recursos pesqueiros. Impera o poder e a lei do transporte e as zonas marestratéxicas de defensa por riba dos recursos pesqueiros e a súa explotación.

_ ¿A pesca de baixura debe potenciarse máis?

_ Véxoa abandonada. Neste momento, está sufrindo o aumento do prezo do combustible e non ten maneira de zafar. Despois, calquera problema que haxa nese sector, solvéntase aumentando o esforzo, co cal o recurso aínda padece máis. Logo culpabilízase o pescador de ser el quen acaba co recurso, e non é así, é un problema de supervivencia, de falta de organización ou de ter unha visión dese tipo. A redución dos custos nun mercado globalizado pódense atacar dunha forma distinta. Aí está o exemplo de porto de Celeiro,aínda que non é de baixura. Non hai porque presionar sobre os salarios dos mariñeiros e pódese eliminar o sistema de pagamento á parte.

_ ¿As nosas rías deberían ser a alternativa ás piscifactorias?

_ Hai que ser cautos a hora de situar as piscifactorías. A piscicultura é unha actividade de crianza intensiva e, de momento, dependente da pesca extractiva. Os alimentos que utilizan veñen do mar. O cultivo do mexillón nas nosas rías é un exemplo dunha acuicultura extensiva de custo de alimentación cero. Habería que medir que é máis rendible para as rías a longo prazo e no seu conxunto, e non tomando cada unidade de produción.

O PERFIL
“Ultimamente vou moito ó teatro”

¿Para comer, peixe ou carne?
Gústame case todo tipo de peixe, depende de como estea preparado. O peixe noso, fresco, da ría, e fritido como fan na ría de Vigo, é unha verdadeira delicia.
¿Vostede cociña na casa?
Si, ás veces cociño, e sáeme mellor o peixe.  
¿Leva ben a conciliación da vida familiar?
Tiven a primeira filla ós 24 anos, e correspondíanme 40 días de descanso, pero estaba facendo os cursos de doutoramento. Naquel tempo era como se tivera unha filla clandestina: recordo que un profesor, que depois foi decano da facultade de Económicas, suspendeume o curso de doutoramento porque faltei aqueles 40 días. E despois esta última etapa lévoa moi ben, porque teño a sorte de ter un compañeiro  co que comparto todo o da casa, e contamos coa axuda doméstica. Así que non son unha heroína, non traballo todo o día, pero xa é un traballo forte o da organización, o das compras, o dos coidados, o dos transportes... E case unha profesión.
¿Para a que case hai que saber loxística?
Pois si. Agora hai unha profesión nova de servizos que é a de xente especializada en aconsellar a comprar os novos ricos, desde como vestir a elixir as cousas para a casa. 
¿En que lecturas anda?
Leo de forma continua e de todo. Durante o día cousas da profesión, e dependendo da época do ano leo tamén novelas. Gústame a novela negra, hai pouco lin todas as obras de Henning Mankell,  e tamén me gusta a literatura clásica e reler os autores do século XIX.
¿Vai con frecuencia ó cine?
Fun moi afeccionada ó cine. Pero segundo as épocas de traballo e doutras actividades, como o coidado das nenas ou a política, non puiden ir como cando era nova. E cando perdes continuidade, perdes o seguimento das novas películas e dos actores. Pero sigo tendo moito interese polo cine e sempre que podo vou.
¿E ó teatro?
Ultimamente vou moito ó teatro. Gústanme moitísimo as representacións do Centro Dramático Galego: o último de Quico Cadaval, Noite de Reis; os cómicos Mofa e Befa son boísimos. E cando viaxo, tamén vou ó teatro.
¿En arte, por onde van os seus gustos?
Gústame moito a música. Da pintura gústame o que me gusta, e hai pintores que non os podo ver, porque non podo disociar a súa biografía da súa obra. Pásame con Picasso, un machista empedernido. E gústame ver como están organizadas e ordenadas as cidades.
¿A arquitectura é arte?
É unha arte. De Roma, unha cousa que me admira son os portais das casas. Eses traballos de artesán, de ebanista, están feitos cunha mestría que me encanta.
¿Que lle supuxo o teléfono móbil?
Pois é útil, lévoo e úsoo, pero non me deixo controlar por el.
¿E o PC portátil?
Non o uso. As notas escríboas a man.
¿Gústalle viaxar?
Máis que antes, pois agora teño máis liberdade económica para gozar das viaxes.  Prefiro ir a sitios onde haxa máis luz que en Galicia.

SEREA®
<p>Su navegador no soporta javascript, por favor habil&iacute;telo <a href="../Templates/inicio.htm">data.</a>


NOTICIAS

Os Grupos de Acción Costeira, reto de Pesca

Pesca implantará terminales TIC para actualizar los puertos de Cambados y A Illa

Caixanova impulsa la modernización de la pesca y el marisqueo

Pescanatur lanza un concurso de fotografía sobre a cultura do mar e a pesca nas rías

La isla de La Gomera tendrá una reserva marina de interés pesquero y científico

Pesca explica polo miúdo ao sector as novidades da convocatoria para proxectos colectivos de xestión pesqueira

La CE estudia dar 30.000 euros por barco en ayudas de ´mínimis´

Medio Ambiente premia dos trabajos de investigación para proteger el mar

Abogaron pola inclusión da gastronomía no turismo mariñeiro en Galicia

El marisco intenta reinventarse para captar más turistas

El Grupo de Acción Costeira de Arousa impulsará la creación de una marca propia

Pesca apoia un proxecto de capacitación en habilidades sociais no que participan as confrarías da Guarda, Baiona e Bueu

Presentan la Ruta Marítima do Salnés como atractivo turístico todo el año

A Rede de Municipios Pesqueros do País Vasco visita Galicia para coñecer as accións de diversificación da pesca que se levan a cabo na nosa comunidade

Marisco gallego a golpe de clic

"Escarabajo verde " documental de TVE sobre Lira recibe un premio

Coral Ruiz Vázquez: ´Los marineros gallegos respetan bastante las normativas de pesca´

El precio del pescado sube hasta un 944% desde la lonja a la plaza

La CE propone implantar un carné por puntos para la flota pesquera

Apuesta por el reciclaje marino

Galicia cuenta con siete proyectos para crear áreas marinas protegidas

Las cofradías de Celeiro y O Vicedo se unen para crear una reserva marina

La Cofradía de Lira da a conocer los productos de la reserva marina en la feria de Bremen

Las cofradías revisarán a finales de mes los topes de capturas y los días de trabajo en el libre marisqueo

Pescadores españoles piden apoyos para mejorar la concentración de la oferta

La nueva Lei de Pesca sustituye el permex por una licencia indefinida

As rutas de marisqueo de Carril gozarán dun maior nivel promocional en 2009

Los Veintisiete inician el debate sobre la reforma de la política pesquera

Comunidades de pescadores artesanais de Galicia e Sudamérica debaten o papel do sector na preservación do medio mariño

La directiva del GAC-4 se completa con el presidente del Náutico de Porto do Son y un miembro de Neria

Ampliado el plazo del fondo de apoyo a la diversificación del sector

Serea Stampa 08

A Consellería de Pesca solta 1350 alevíns de lumbrigante en Lira no marco do Plan de Repoboación de especies mariñas

La Cofradía participa en Cerdeña en un encuentro sobre pesca

Evaristo Lareo Viñas preside el Grupo de Acción Costeira

La CE publica una guía para que se aprovechen mejor los fondos de I+D+i

El Grupo de Acción Costeira de Arousa gestionará 4.000.000 de euros de los FEP

El Grupo de Acción Costera inicia la captación de sus socios

Pesca apoya un proyecto para la valorización de los subprodutos que genera la pesquera del percebe en Baiona, Bueu y A Guarda

España recibe 126 millones más del Fondo Europeo para la Pesca

Bélgica: Sugieren que Fondo Europeo financie proyectos pesqueros integrados en la gestión costera

El Grupo de Acción Costera gestionará ayudas europeas a la pesca por valor de 4 millones

La CE permite a los estados dar más ayudas sin notificarlas

Marineras en tierra

Investigadores catalanes estudian producir biodiesel a partir de algas de mar

Zarpa el barco que obtiene su energia de las olas del mar

Los pescadores investigan vías para ahorrar combustible

A Xunta aproba a modificación do Decreto polo que se crea a Reserva Mariña de Interese Pesqueiro Os Miñarzos de Lira

Expertos expondrán últimos avances en la producción de combustibles a partir de algas

El Gobierno pide una reunión con la CE por las ayudas a la flota

La UE aprueba las ayudas a la pesca por el incremento del gasóleo

Concurso de seleccion de grupos de accion costera

El equipo de trabajo del GAC Costa da Morte integra a 15 entidades

TODAS LAS NOTICIAS

Documento sin título

“ Los contenidos de esta página web reflejan el punto de vista de sus autores.
La Comisión Europea no se hace responsable del uso que se pueda realizar de ellos ”

  Copyright © 2009 SEREA ® Reservados todo los derechos
Dirección · Santiago - Spain