NOTICIAS
SEREA®
SEREA
descripcion
QUE E  SEREA
SOCIOS PROYECTO
AMBITO GEOGRAFICO
SEMINARIOS
DIRECTORIO
foro
formulario
Cursos
Jornadas
seminarios
NOTICIAS
ENLACES
restringida
MAPA
ver spot
ver spot
 

A Xunta aproba a modificación do Decreto polo que se crea a Reserva Mariña de Interese Pesqueiro "Os Miñarzos" de Lira

inglaterrafranespitagal

xunta

Con esta modificación inclúese como novidade o Plan de Xestión Integral, un instrumento de planificación áxil e flexible que permitirá acadar o equilibrio entre a protección dos recursos e a rendibilidade económica das pesqueiras

Ademais, corríxese tamén a delimitación do ámbito da reserva, así como as referencias toponímicas, aínda que non son cambios de carácter trascendente

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2008.-  O Consello da Xunta deu hoxe o seu visto e prace á modificación do Decreto polo que se crea a Reserva Mariña de Interese Pesqueiro “Os Miñarzos” en Lira – Carnota, impulsada pola Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos e pola Confraría de Pescadores de Lira. O obxecto do presente decreto é levar a cabo certas modificacións derivadas da posta en funcionamento da reserva e das propostas realizadas dende o seu Órgano de Xestión, Seguimento e Control. Entre as novidades que se incorporan no novo decreto están a dotación dun Plan de Xestión Integral como instrumento de planificación áxil e flexible, así como a corrección da delimitación do ámbito da reserva debido a pequenos desaxustes nalgúns puntos xeográficos.

A posta en funcionamento da reserva a través do Decreto 87/2007, do 12 de abril, a pesares do curto período de tempo transcorrido, evidenciou unha boa acollida no conxunto da sociedade galega e, máis particularmente, na comunidade pesqueira do ámbito de influencia da zona protexida. A resposta positiva por parte do sector, xunto á implicación e compromiso dos propios profesionais do mar, sentou as bases para un axeitado funcionamento da reserva e supón á vez un estímulo para a introdución de melloras necesarias que permitan adecuar a xestión dos recursos pesqueiros e marisqueiros aos principios inspiradores da súa creación.

Deste xeito, entre as modificacións máis destacadas que se levarán a cabo con este novo decreto está a dotación do Plan de Xestión Integral que permitirá adoptar, baixo criterios de sustentabilidade, as medidas específicas para cada unhas das pesqueiras, ao tempo que se incrementará o grao de participación dos pescadores no desenvolvemento e aplicación deste instrumento. Así, para que os profesionais do mar participen máis activamente no deseño do Plan, ampliarase o carácter do censo no que deben estar inscritos todos os profesionais que realicen actividades na Reserva Mariña de Lira, xa que se inclúen nel os mariscadores a pé e aquelas embarcacións dedicadas á captura de ourizo, navalla/longueirón, algas e poliquetos,  que desenvolven a súa actividade no marco dos plans de explotación. Con esta incorporación, todos os colectivos que faenan habitualmente no ámbito da reserva adquiren o mesmo grao de responsabilidade no cumprimento das medidas acordadas no Plan de Xestión Integral.

En relación a isto, o novo decreto incorpora o artigo 6 bis, denominado réxime de xestión da reserva, no que se establecen as cuestións que o Plan de Xestión Integral deberá desenvolver e as súas características. Entre elas destacan que a proposta do Plan deberá ser elaborada polas entidades asociativas que representen aos pescadores e mariscadores e que poderá ter unha vixencia plurianual. Así mesmo, este documento poderá recoller as medidas ou normas, distintas ás establecidas nas disposicións regulamentarias, co obxectivo de acadar unha explotación racional, responsable e sustentable dos recursos pesqueiros e marisqueiros da área mariña protexida.

Este Plan deberá estar aprobado nun prazo de seis meses, contado dende a entrada en vigor deste novo decreto. Mentres non sexa ratificado, seguirán en vigor as normas de xestión que están aprobadas e en vixencia.

Ademais desta novidade, e dado que se teñen detectado pequenos desaxustes nalgúns puntos xeográficos do ámbito da reserva, como consecuencia das propias condicións xeográficas da zona, corrixiranse as coordenadas xunto coas referencias toponímicas. De todos os xeitos, é de destacar que ningún dos cambios que se realizan a nivel global do ámbito da área protexida son de carácter trascendente.

Neste sentido, co novo decreto aprobado hoxe polo Goberno galego, a área protexida divídese igualmente nunha reserva xeral e en dúas zonas de reserva integral, diferenciando agora entre zona sur e zona norte. No caso da área de interese pesqueiro, mantéñense as actividades que o decreto vixente establecía como permitidas e incorpóranse a posibilidade de recollida de mexilla, que unicamente se realizará mediante acordo entre as confrarías de pescadores do ámbito da reserva e os concesionarios de bateas ou liñas de cultivo; así como a pesca marítima de recreo en superficie. En canto ás dúas áreas de reserva integral, mantéñense as mesmas restricións que ata o de agora.

Creación da Reserva Mariña de Lira

O Consello da Xunta de Galicia aprobou o pasado 12 de abril de 2007 o Decreto polo que se crea a Reserva Mariña de Interese Pesqueiro  “Os Miñarzos” de Lira co obxecto de delimitar xeograficamente esta área protexida, así como o establecemento dos límites de uso e prohibicións de pesca na reserva e a configuración dun sistema de xestión e participación do sector pesqueiro nel.

Coa creación desta reserva mariña, a primeira deste tipo que se pon en marcha en Galicia, buscouse protexer e favorecer a rexeneración dos recursos pesqueiros, impulsar a pesca e o desenvolvemento sostible, conservar a flora e a fauna do medio mariño e a súa diversidade, fomentar a sensibilización ambiental sobre o mar, divulgar os valores pesqueiros e ambientais da costa galega e favorecer os estudos científicos sobre as medidas de protección dos recursos e xestión das pesqueiras. Ademais, a creación desta área protexida busca aportar novas oportunidades socio económicas no campo do turismo e do lecer que favorezan a diversificación das actividades da comunidade pesqueira e a posta en valor dos pescadores e da cultura mariñeira.

Esta iniciativa segue pois a liña dos obxectivos definidos polo Fondo Europeo da Pesca, tanto no que se refire a fomentar a protección do medio ambiente e dos recursos naturais, como a promover o desenvolvemento sostible e a mellora da calidade de vida nas zonas nas que se exercen actividades vencelladas á pesca .

SEREA®
<p>Su navegador no soporta javascript, por favor habil&iacute;telo <a href="../Templates/inicio.htm">data.</a>


NOTICIAS

Os Grupos de Acción Costeira, reto de Pesca

Pesca implantará terminales TIC para actualizar los puertos de Cambados y A Illa

Caixanova impulsa la modernización de la pesca y el marisqueo

Pescanatur lanza un concurso de fotografía sobre a cultura do mar e a pesca nas rías

La isla de La Gomera tendrá una reserva marina de interés pesquero y científico

Pesca explica polo miúdo ao sector as novidades da convocatoria para proxectos colectivos de xestión pesqueira

La CE estudia dar 30.000 euros por barco en ayudas de ´mínimis´

Medio Ambiente premia dos trabajos de investigación para proteger el mar

Abogaron pola inclusión da gastronomía no turismo mariñeiro en Galicia

El marisco intenta reinventarse para captar más turistas

El Grupo de Acción Costeira de Arousa impulsará la creación de una marca propia

Pesca apoia un proxecto de capacitación en habilidades sociais no que participan as confrarías da Guarda, Baiona e Bueu

Presentan la Ruta Marítima do Salnés como atractivo turístico todo el año

A Rede de Municipios Pesqueros do País Vasco visita Galicia para coñecer as accións de diversificación da pesca que se levan a cabo na nosa comunidade

Marisco gallego a golpe de clic

"Escarabajo verde " documental de TVE sobre Lira recibe un premio

Coral Ruiz Vázquez: ´Los marineros gallegos respetan bastante las normativas de pesca´

El precio del pescado sube hasta un 944% desde la lonja a la plaza

La CE propone implantar un carné por puntos para la flota pesquera

Apuesta por el reciclaje marino

Galicia cuenta con siete proyectos para crear áreas marinas protegidas

Las cofradías de Celeiro y O Vicedo se unen para crear una reserva marina

La Cofradía de Lira da a conocer los productos de la reserva marina en la feria de Bremen

Las cofradías revisarán a finales de mes los topes de capturas y los días de trabajo en el libre marisqueo

Pescadores españoles piden apoyos para mejorar la concentración de la oferta

La nueva Lei de Pesca sustituye el permex por una licencia indefinida

As rutas de marisqueo de Carril gozarán dun maior nivel promocional en 2009

Los Veintisiete inician el debate sobre la reforma de la política pesquera

Comunidades de pescadores artesanais de Galicia e Sudamérica debaten o papel do sector na preservación do medio mariño

La directiva del GAC-4 se completa con el presidente del Náutico de Porto do Son y un miembro de Neria

Ampliado el plazo del fondo de apoyo a la diversificación del sector

Serea Stampa 08

A Consellería de Pesca solta 1350 alevíns de lumbrigante en Lira no marco do Plan de Repoboación de especies mariñas

La Cofradía participa en Cerdeña en un encuentro sobre pesca

Evaristo Lareo Viñas preside el Grupo de Acción Costeira

La CE publica una guía para que se aprovechen mejor los fondos de I+D+i

El Grupo de Acción Costeira de Arousa gestionará 4.000.000 de euros de los FEP

El Grupo de Acción Costera inicia la captación de sus socios

Pesca apoya un proyecto para la valorización de los subprodutos que genera la pesquera del percebe en Baiona, Bueu y A Guarda

España recibe 126 millones más del Fondo Europeo para la Pesca

Bélgica: Sugieren que Fondo Europeo financie proyectos pesqueros integrados en la gestión costera

El Grupo de Acción Costera gestionará ayudas europeas a la pesca por valor de 4 millones

La CE permite a los estados dar más ayudas sin notificarlas

Marineras en tierra

Investigadores catalanes estudian producir biodiesel a partir de algas de mar

Zarpa el barco que obtiene su energia de las olas del mar

Los pescadores investigan vías para ahorrar combustible

A Xunta aproba a modificación do Decreto polo que se crea a Reserva Mariña de Interese Pesqueiro Os Miñarzos de Lira

Expertos expondrán últimos avances en la producción de combustibles a partir de algas

El Gobierno pide una reunión con la CE por las ayudas a la flota

La UE aprueba las ayudas a la pesca por el incremento del gasóleo

Concurso de seleccion de grupos de accion costera

El equipo de trabajo del GAC Costa da Morte integra a 15 entidades

TODAS LAS NOTICIAS

Documento sin título

“ Los contenidos de esta página web reflejan el punto de vista de sus autores.
La Comisión Europea no se hace responsable del uso que se pueda realizar de ellos ”

  Copyright © 2009 SEREA ® Reservados todo los derechos
Dirección · Santiago - Spain