NOTICIAS
SEREA®
SEREA
descripcion
QUE E  SEREA
SOCIOS PROYECTO
AMBITO GEOGRAFICO
SEMINARIOS
DIRECTORIO
foro
formulario
Cursos
Jornadas
seminarios
NOTICIAS
ENLACES
restringida
MAPA
ver spot
ver spot
 

A Reserva Mariña de Lira un excelente exemplo de protección dos nosos mares e océanos

inglaterrafranespitagal

EL CORREO

Santiago de Compostela, 7 de xuño de 2008

Mañá, como cada oito de xuño, celébrase en todo o planeta o Día Mundial dos Océanos para conmemorar a entrada en vigor, en 1994, da Convención das Nacións Unidas a prol do Dereito do Mar. Con esta conmemoración preténdense promover actividades entre toda a poboación mundial que favorezan a necesaria concienciación sobre a protección da chamada “pel azul” da Terra.

A importancia dos océanos reside en que conteñen as nove décimas partes dos recursos da auga do mundo e máis do 97 por cento de todos os seres vivos. Ademais, son os principais protagonistas da formación do clima e supoñen dada a súa amplitude o máis importante alicerce da vida no noso planeta.

Por isto, no día de mañá e por sempre, todos debemos tomar conciencia e evitar en todo o posible os impactos sobre este medio natural. Debe ser unha obriga para todos protexer os mares, as súas especies e as súas beiras de accións pouco respectuosas co medio e tamén coa paisaxe, sobre todo para que as xeracións futuras saiban agradecérnolo e tamén para acadar que o medio mariño continúe sendo xeneroso co ser humano.

Neste sentido, a Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos traballa no desenvolvemento d un amplo abano de accións e medidas para a protección dos mares e das nosas costas, así como das especies recu rso explotadas no noso litoral. Así, entre algunhas delas, podemos destacar a creación da Reserva Mariña de Interese Pesqueiro “Os Miñarzos” de Lira (Carnota – A Coruña), posta en marcha en abril de 2007, que representa o exemplo máis claro dunha política dirixida á protección do medio mariño e das súas especies. Trátase da primeira área protexida posta en marcha na nosa Comunidade Autónoma á que se poderán unir outras en breve.

Coa creación da Reserva Mariña de Lira, o Goberno galego persegue protexer e favorecer a rexeneración dos recursos pesqueiros, impulsar a pesca e o desenvolvemento sostible, conservar a flora e a fauna do medio mariño e a súa diversidade, fomentar a sensibilización ambiental sobre o mar, divulgar os valores pesqueiros e ambientais da costa galega e favorecer os estudos científicos sobre as medidas de protección dos recursos e xestión das pesqueirías. Ao mesmo tempo, o desenvolvemento deste espazo de especial protección aportará novas oportunidades socioeconómicas no campo do turismo e do lecer que favorecerán a diversificación das actividades da comunidade pesqueira e a posta en valor dos pescadores e da cultura mariñeira.

Ademais, hai que destacar o Plan de R epoboación de E specie s Mariñas no Litoral Galego que leva a cabo a Consellería de Pesca co fin de recuperar a importancia dos stocks daqueles recursos de baixa reprodución e crecemento lento , como o rodaballo ou o lumbrigante. No marco desta iniciativa, e no entorno da Reserva Mariña de Lira, liberáronse xa un total de 7.600 exemplares de lumbrigante.

Polo tanto, dende a Xunta de Galicia consideramos que é necesario afondar na idea de que a protección dos océanos non é nin pode ser allea a ningunha administración, institu ción pública e privada. Do mesmo xeito, non pode pasar inadvertida aos particulares que teñan relación co medio , aínda que esta sexa mínima .

O labor dos océanos e os seus beneficios

Os océanos non só impresionan pola súa ocasional grandeza paisaxística en días de tormenta, senón tamén pola abraiante proporción que cobren do noso planeta, os dous tercios da superficie da Terra, mentres que a humanidade se concentra no tercio restante. Os océanos producen alimentos proteínicos, aproveitados polos pescadores dende a costa ou ría máis inmediata ata os mares máis afastados. Serven tamén de vía de comunicación e transporte e, neste senso, a primeira travesía do noso Océano inmediato supuxo para a humanidade unhas consecuencias históricas, que fixeron cambiar de xeito radical o mundo tal e como se coñecía a finais do século XV.

Hai outras funcións menos perceptibles pero fundamentais que cumpren os océanos, é a súa participación na fotosíntese do fitoplancto e do fitobentos da costa, fixando cantidades inxentes de CO 2. Na reacción química da fotosíntese a outra consecuencia deste proceso virtuoso, fonte de vida, é a produción de osíxeno (O 2), que purifica a atmosfera.

Ademais deste, outros beneficios fundamentais que se obteñen dos océanos son os seus efectos de moderador do clima, ben como efecto indirecto das grandes masas de auga ou como reflexo da existencia de correntes cálidas como a do Golfo, que baña as costas europeas, moderando a súa temperatura, en contraste có que sucede nas mesmas latitudes atlánticas da América do Norte.

En definitiva, o mar e os océanos forman parte fundamental da vida do ser humano. O medio mariño apórtanos, entre outras cousas, alimentos, vías de comunicación, paisaxe, así como espazos de lecer. Neste sentido, e non podía ser doutra forma, a función do home é coidalo e protexelo.

reserva

SEREA®
<p>Su navegador no soporta javascript, por favor habil&iacute;telo <a href="../Templates/inicio.htm">data.</a>


NOTICIAS

Os Grupos de Acción Costeira, reto de Pesca

Pesca implantará terminales TIC para actualizar los puertos de Cambados y A Illa

Caixanova impulsa la modernización de la pesca y el marisqueo

Pescanatur lanza un concurso de fotografía sobre a cultura do mar e a pesca nas rías

La isla de La Gomera tendrá una reserva marina de interés pesquero y científico

Pesca explica polo miúdo ao sector as novidades da convocatoria para proxectos colectivos de xestión pesqueira

La CE estudia dar 30.000 euros por barco en ayudas de ´mínimis´

Medio Ambiente premia dos trabajos de investigación para proteger el mar

Abogaron pola inclusión da gastronomía no turismo mariñeiro en Galicia

El marisco intenta reinventarse para captar más turistas

El Grupo de Acción Costeira de Arousa impulsará la creación de una marca propia

Pesca apoia un proxecto de capacitación en habilidades sociais no que participan as confrarías da Guarda, Baiona e Bueu

Presentan la Ruta Marítima do Salnés como atractivo turístico todo el año

A Rede de Municipios Pesqueros do País Vasco visita Galicia para coñecer as accións de diversificación da pesca que se levan a cabo na nosa comunidade

Marisco gallego a golpe de clic

"Escarabajo verde " documental de TVE sobre Lira recibe un premio

Coral Ruiz Vázquez: ´Los marineros gallegos respetan bastante las normativas de pesca´

El precio del pescado sube hasta un 944% desde la lonja a la plaza

La CE propone implantar un carné por puntos para la flota pesquera

Apuesta por el reciclaje marino

Galicia cuenta con siete proyectos para crear áreas marinas protegidas

Las cofradías de Celeiro y O Vicedo se unen para crear una reserva marina

La Cofradía de Lira da a conocer los productos de la reserva marina en la feria de Bremen

Las cofradías revisarán a finales de mes los topes de capturas y los días de trabajo en el libre marisqueo

Pescadores españoles piden apoyos para mejorar la concentración de la oferta

La nueva Lei de Pesca sustituye el permex por una licencia indefinida

As rutas de marisqueo de Carril gozarán dun maior nivel promocional en 2009

Los Veintisiete inician el debate sobre la reforma de la política pesquera

Comunidades de pescadores artesanais de Galicia e Sudamérica debaten o papel do sector na preservación do medio mariño

La directiva del GAC-4 se completa con el presidente del Náutico de Porto do Son y un miembro de Neria

Ampliado el plazo del fondo de apoyo a la diversificación del sector

Serea Stampa 08

A Consellería de Pesca solta 1350 alevíns de lumbrigante en Lira no marco do Plan de Repoboación de especies mariñas

La Cofradía participa en Cerdeña en un encuentro sobre pesca

Evaristo Lareo Viñas preside el Grupo de Acción Costeira

La CE publica una guía para que se aprovechen mejor los fondos de I+D+i

El Grupo de Acción Costeira de Arousa gestionará 4.000.000 de euros de los FEP

El Grupo de Acción Costera inicia la captación de sus socios

Pesca apoya un proyecto para la valorización de los subprodutos que genera la pesquera del percebe en Baiona, Bueu y A Guarda

España recibe 126 millones más del Fondo Europeo para la Pesca

Bélgica: Sugieren que Fondo Europeo financie proyectos pesqueros integrados en la gestión costera

El Grupo de Acción Costera gestionará ayudas europeas a la pesca por valor de 4 millones

La CE permite a los estados dar más ayudas sin notificarlas

Marineras en tierra

Investigadores catalanes estudian producir biodiesel a partir de algas de mar

Zarpa el barco que obtiene su energia de las olas del mar

Los pescadores investigan vías para ahorrar combustible

A Xunta aproba a modificación do Decreto polo que se crea a Reserva Mariña de Interese Pesqueiro Os Miñarzos de Lira

Expertos expondrán últimos avances en la producción de combustibles a partir de algas

El Gobierno pide una reunión con la CE por las ayudas a la flota

La UE aprueba las ayudas a la pesca por el incremento del gasóleo

Concurso de seleccion de grupos de accion costera

El equipo de trabajo del GAC Costa da Morte integra a 15 entidades

TODAS LAS NOTICIAS

Documento sin título

“ Los contenidos de esta página web reflejan el punto de vista de sus autores.
La Comisión Europea no se hace responsable del uso que se pueda realizar de ellos ”

  Copyright © 2009 SEREA ® Reservados todo los derechos
Dirección · Santiago - Spain