NOTICIAS
SEREA®
SEREA
descripcion
QUE E  SEREA
SOCIOS PROYECTO
AMBITO GEOGRAFICO
SEMINARIOS
DIRECTORIO
foro
formulario
Cursos
Jornadas
seminarios
NOTICIAS
ENLACES
restringida
MAPA
ver spot
ver spot
 

A Consellería de Pesca solta 1350 alevíns de lumbrigante en Lira no marco do Plan de Repoboación de especies mariñas

inglaterrafranespitagal

Xunta

Técnicos do Instituto Galego de Formación en Acuicultura liberaron exemplares de oito a nove meses de vida e cunha talla media de sete centímetros

Con esta nova acción son case 9.000 as unidades de lumbrigante soltadas no litoral galego, que se suman aos 25.000 xuvenís de rodaballo introducidos en augas da nosa comunidade

Santiago de Compostela, 17 de setembro de 2008.- Técnicos do Instituto Galego de Formación en Acuicultura (Igafa), dependente da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, realizaron esta mañá a solta de 1.350 alevíns de lumbrigante na costa de Lira, no concello coruñés de Carnota. Os exemplares, cunha talla media de sete centímetros e de entre oito e nove meses de vida, foron liberados ao sur da Reserva Mariña de Interese Pesqueiro “Os Miñarzos”, concretamente nas proximidades da praia de Simpron.

Esta acción, enmarcada no Plan de Repoboación de Especies Mariñas no Litoral Galego, posto en marcha pola Administración pesqueira galega en 2005, constitúe a segunda solta de xuvenís de lumbrigante realizada en 2008 e permite elevar a preto de 9.000 as unidades desta especie introducidas no litoral da nosa comunidade. Ademais, hai que lembrar que en toda a costa galega xa foron soltados 25.000 exemplares de rodaballo.

Para levar a cabo o cultivo destes lumbrigantes, recóllense no medio natural femias ovadas que se mesturan con outras que son fecundadas nas propias instalacións do Igafa. As larvas naceron, neste caso, entre os meses de decembro de 2007 e xaneiro deste ano e o seu preengorde realizouse en batea ata que acadaron a talla ideal para a súa solta no mar.

Posteriormente, os exemplares son marcados cunha etiqueta magnética e codificada dun milímetro de tamaño, que se introduce no seu interior e que dá un sinal positivo ao seu paso por un detector de metais. Unha vez marcados, os lumbrigantes xa están preparados para poder ser soltados.

Os técnicos do Igafa encargaranse agora de facer un seguimento exhaustivo dos alevíns liberados no medio natural mediante a realización de mostraxes periódicas, aínda que haberá que agardar un par de anos para ter resultados definitivos do proxecto. Non entanto, calcúlase que hai exemplares soltados anteriormente que en breve poderían comezar a quedar retidos nas nasas, polo que técnicos do Igafa están informando ao sector para que presten a súa colaboración en caso de capturar algún destes individuos.

A esta solta seguirá outra ao longo do actual exercicio, de forma que para 2008 está previsto liberar un total de 5.000 exemplares de lumbrigante en tres quendas. Esto permitirá acadar a cifra de 11.000 alevíns desta especie introducidos na costa galega.

Accións de repoboación dende 2005

Coa actuación desenvolvida hoxe en Lira, a Consellería de Pesca dá un paso máis na aplicación do Plan de Repoboación de Especies Mariñas no Litoral Galego, posto en marcha en outubro de 2005, e co que se introduciron ata o momento no medio natural un total de 25.000 exemplares de rodaballo, así como 9.000 xuvenís de lumbrigante.

Con esta acción estratéxica, o departamento que dirixe Carmen Gallego quere xestionar e mellorar a situación de certas pesqueiras que sufriron nos últimos anos un descenso importante no seu número de capturas. Así, coas soltas previstas para este ano, ademais dos 11.000 xuvenís de lumbrigante preténdese acadar os 34.000 exemplares de rodaballo.

A primeira experiencia deste tipo levouse a cabo en outubro de 2005 na praia de Lago (Muxía) coa solta de 10.000 alevíns de rodaballo. A esta solta seguiron outras máis realizadas ao longo de 2006, 2007 e 2008. Pola súa parte, a solta de lumbrigantes comezou en marzo do ano pasado, coa liberación de 3.100 unidades desta especie en augas da Reserva Mariña “Os Miñarzos” en Lira.

SEREA®
<p>Su navegador no soporta javascript, por favor habil&iacute;telo <a href="../Templates/inicio.htm">data.</a>


NOTICIAS

Os Grupos de Acción Costeira, reto de Pesca

Pesca implantará terminales TIC para actualizar los puertos de Cambados y A Illa

Caixanova impulsa la modernización de la pesca y el marisqueo

Pescanatur lanza un concurso de fotografía sobre a cultura do mar e a pesca nas rías

La isla de La Gomera tendrá una reserva marina de interés pesquero y científico

Pesca explica polo miúdo ao sector as novidades da convocatoria para proxectos colectivos de xestión pesqueira

La CE estudia dar 30.000 euros por barco en ayudas de ´mínimis´

Medio Ambiente premia dos trabajos de investigación para proteger el mar

Abogaron pola inclusión da gastronomía no turismo mariñeiro en Galicia

El marisco intenta reinventarse para captar más turistas

El Grupo de Acción Costeira de Arousa impulsará la creación de una marca propia

Pesca apoia un proxecto de capacitación en habilidades sociais no que participan as confrarías da Guarda, Baiona e Bueu

Presentan la Ruta Marítima do Salnés como atractivo turístico todo el año

A Rede de Municipios Pesqueros do País Vasco visita Galicia para coñecer as accións de diversificación da pesca que se levan a cabo na nosa comunidade

Marisco gallego a golpe de clic

"Escarabajo verde " documental de TVE sobre Lira recibe un premio

Coral Ruiz Vázquez: ´Los marineros gallegos respetan bastante las normativas de pesca´

El precio del pescado sube hasta un 944% desde la lonja a la plaza

La CE propone implantar un carné por puntos para la flota pesquera

Apuesta por el reciclaje marino

Galicia cuenta con siete proyectos para crear áreas marinas protegidas

Las cofradías de Celeiro y O Vicedo se unen para crear una reserva marina

La Cofradía de Lira da a conocer los productos de la reserva marina en la feria de Bremen

Las cofradías revisarán a finales de mes los topes de capturas y los días de trabajo en el libre marisqueo

Pescadores españoles piden apoyos para mejorar la concentración de la oferta

La nueva Lei de Pesca sustituye el permex por una licencia indefinida

As rutas de marisqueo de Carril gozarán dun maior nivel promocional en 2009

Los Veintisiete inician el debate sobre la reforma de la política pesquera

Comunidades de pescadores artesanais de Galicia e Sudamérica debaten o papel do sector na preservación do medio mariño

La directiva del GAC-4 se completa con el presidente del Náutico de Porto do Son y un miembro de Neria

Ampliado el plazo del fondo de apoyo a la diversificación del sector

Serea Stampa 08

A Consellería de Pesca solta 1350 alevíns de lumbrigante en Lira no marco do Plan de Repoboación de especies mariñas

La Cofradía participa en Cerdeña en un encuentro sobre pesca

Evaristo Lareo Viñas preside el Grupo de Acción Costeira

La CE publica una guía para que se aprovechen mejor los fondos de I+D+i

El Grupo de Acción Costeira de Arousa gestionará 4.000.000 de euros de los FEP

El Grupo de Acción Costera inicia la captación de sus socios

Pesca apoya un proyecto para la valorización de los subprodutos que genera la pesquera del percebe en Baiona, Bueu y A Guarda

España recibe 126 millones más del Fondo Europeo para la Pesca

Bélgica: Sugieren que Fondo Europeo financie proyectos pesqueros integrados en la gestión costera

El Grupo de Acción Costera gestionará ayudas europeas a la pesca por valor de 4 millones

La CE permite a los estados dar más ayudas sin notificarlas

Marineras en tierra

Investigadores catalanes estudian producir biodiesel a partir de algas de mar

Zarpa el barco que obtiene su energia de las olas del mar

Los pescadores investigan vías para ahorrar combustible

A Xunta aproba a modificación do Decreto polo que se crea a Reserva Mariña de Interese Pesqueiro Os Miñarzos de Lira

Expertos expondrán últimos avances en la producción de combustibles a partir de algas

El Gobierno pide una reunión con la CE por las ayudas a la flota

La UE aprueba las ayudas a la pesca por el incremento del gasóleo

Concurso de seleccion de grupos de accion costera

El equipo de trabajo del GAC Costa da Morte integra a 15 entidades

TODAS LAS NOTICIAS

Documento sin título

“ Los contenidos de esta página web reflejan el punto de vista de sus autores.
La Comisión Europea no se hace responsable del uso que se pueda realizar de ellos ”

  Copyright © 2009 SEREA ® Reservados todo los derechos
Dirección · Santiago - Spain